CGAI: “África Negra: Burkina Faso/Malí”, “Erik pinta un cuadro”, “Déjà vu” e “Xalundes”, de Tono Galán
Sábado
11
18:00
CGAI (Durán Loriga, 10, baixo)
Entrada libre até completar capacidade.
No ciclo "Off Galicia", proxección de "África Negra: Burkina Faso/Mali" (2004)., de Tono Galán. Documento rodado nunha viaxe a África; "Erik pinta un cuadro" (2009), tamén de Tono Galán, finalista na oitava edición de Notodofilmfest; "Déjà vu" (2009, 20 minutos). Dirección e guión: Tono Galán. Produción: Eidanpelis. O David de Michelangelo cobra vida e transita por algunhas das grandes pinturas de todos os tempos, desde os muros de Altamira ata a época barroca. Unha sucesión de situacións trazadas polo artista Tono Galán que introducen o espectador no mundo da arte de maneira didáctica e amena; seguido de "Xalundes" (2010, 22 minutos). Dirección: Tono Galán. Guión: Xoán Abeleira e Tono Galán. Produción: Eidanpelis. Intérpretes: Xoán Abeleira, Mariví Villaverde. Homenaxe ao superrealismo por parte de Tono Galán e Xoán Abeleira. Concibido de xeito irracional, rodouse na prisión da Coruña, xa pechada. Baseado en textos e citas de autores como Camus, Rimbaud, Artaud e Breton, un poema visual herdeiro dos artistas aos que está dedicado. Presentación a cargo dos seus autores.














