Obradoiro de empaquetado de libros na Biblioteca Municipal da Sagrada Familia
Venres
17
Biblioteca Municipal da Sagrada Familia (Rúa Antonio Pereira, 1).
De 18:00 a 19:30 h.
Entrada gratuíta, con inscrición previa chamando á Biblioteca (tlf. 981-184392).
Un bo regalo para estas datas é un libro, por suposto. E moito máis se ese libro vai presentado cun empaquetado "curioso e orixinal". Neste obradoiro, de hora e media de duración, aprenderemos a envolver os nosos agasallos de libros de tal maneira que ata dará mágoa ter que abrilos. Se che interesa saber "vestir" os libros que vas regalar nestes días, aquí tes a oportunidade.














