Reunión aberta ao público para o “Proxecto de xestión sociocultural para o edificio da antiga Prisión Provincial”
Sábado
18
Salón de actos do Paraninfo da Universidade (A Maestranza)
11:30
Aberta a todo o público interesado.
Ponse en marcha o proceso participativo para a elaboración dun proxecto de xestión sociocultural para o edificio da antiga prisión provincial da Coruña. Esta primeira reunión está convocada pola Asociación de Veciños do barrio de Monte Alto e está aberta á participación de todas aquelas persoas que, a título individual ou en nome de colectivos sociais e culturais, estean interesadas no desenvolvemento do proxecto. O proceso que se inicia tivo a súa orixe na celebración o pasado mes de novembro dos primeiros "Encontros sobre modelos participativos de xestión cultural". Nestes encontros diferentes axentes sociais e culturais propuxeron a elaboración dunha proposta de modelo de xestión que, sobre a base da participación cidadá, a sustentabilidade económica e social e o servizo aos creadores e ao barrio, contribúa a acreditar a viabilidade do proxecto.














