Teatro Rosalía: concerto de clausura de A Coruña (en)canta
Mércores
29
Teatro Rosalía de Castro
20:30
Entrada libre até completar capacidade.
Clausura do ciclo de conferencias e concertos "A Coruña (en) Canta" que, desde o pasado mes de marzo, veu celebrándose nos distintos centros cívicos municipais da Cidade baixo a organización da Polifónica Coruñesa Canticorum coa colaboración das concellerías de Promoción Económica e Turismo, Asuntos Sociais e Cultura da Coruña. O acto comezará coa conferencia da concelleira de Cultura María Xosé Bravo, quen vai facer referencia á tradición musical desta cidade. A continuación realizarase a entrega das insignias de prata "Canticorum" a oito coralistas da entidade que cumpren os primeiros 15 anos de permanencia na mesma. Rematada esta entrega, intervirán no evento os coros dos centros cívicos: Coro Arumes (Centro Cívico Monte Alto), Saraibas (Centro Cívico Os Mallos), Airiños de San Fernando (Centro Cívico Feáns), Tanxedoira, Orfeón Herculino e Rondalla e Polifónica Coruñesa Canticorum. O ciclo "A Coruña (en) Canta", ao que se pretende dar continuidade en 2011, permitiu contar coa participación nestes meses de conferenciantes como Henrique Tello, Silvia Longueira e Obdulia Taboadela (concelleiros coruñeses); o historiador José Alfeirán Rodríguez; o escritor Xurxo Souto ou representante do movemento veciñal coruñés, Ricardo Vales, entre outros.














