IV Festival de Teatro para nenos no Teatro do Andamio
Do
domingo 26 ao xoves 30
Teatro do Andamio (Rúa Alcalde Suárez Ferrín, 10)
Sesións cada día ás 17:00 e 19:00
Entradas: 5 euros.
O IV Festival de Teatro para nenos do Teatro do Andamio ten o seguinte programa:
Domingo 26. "A árbore da vida", de Talytakumy. Público de 3 a 8 anos. Unha simpática nena que sempre visita a súa amiga incondicional: unha árbore; entre elas hai unha actividade indestrutible, pero o tempo, coma sempre, cambia as cousas e lamentablemente a nena tamén...
Luns 27. "Un día muy especial", de Páprika Teatro. Público de 3 a 9 anos. É un día moi especial. O dúo "Os Pablos", terán que facer o seu show musical fronte a un xurado, o cal podería chegar a elixilos para participar nun "Gran Festival". O público fai palmas, canta e todo vai moi ben, ata que de súpeto...
Martes 28. "Silencio, lectores trabajando", de Tras la Puerta (Asturias). Público de 4 a 10 anos. Todos os membros da miña familia tiñan a mesma manía: ler. E eu contaixeima, así que a min, o que máis me gusta é ler. Sempre estaban lendo mentres facían outra cousa...
Mércores 29. "Contos mariñeiros", de Ghazafelhos. Público de 5 a 12 anos. "A Bestarruza" foi a pique cando faenaba no Ortegal… A filla dun dos mariñeiros non pode durmir á espera do bico do seu pai… Decide saír na súa procura, abordo do seu barquiño…ou cama…soño…
Xoves 30. "Lume", de Teatro Babaluva. Público de 2 a 7 anos. Nun bosque onde vivían moitos animais algo pasou que fixo ladrar ao can.... Unha lapa chegou con ganas de facer lume e fume...














