Fórum: “Os Bolechas”, por Caramuxo Teatro
Luns
3 e martes 4
Fórum Metropolitano
19:00
Entradas: 4 euros (abono familiar de 3 entradas por 9 euros).
Caramuxo Teatro presenta o seu espectáculo "Os Bolechas", unha comedia musical con monicreques. Un espectáculo que nos amosará un día na vida desta divertida familia, onde coñeceremos as ocorrencias do pequeno Tatá, as travesuras de Chispa, a Braulio e Sonia, as xemelgas Pili e Loli, e a Carlos, o máis vello dos irmáns. O texto foi creado en colaboración entre a compañía e o autor de "Os Bolechas", Pepe Carreiro. Para un público maior de 3 anos.














