Palacio da Ópera: “Gran Concerto de Ano Novo”, pola Strauss Festival Orchestra
Domingo
26
Palacio da Ópera
19:00
Entradas: 30 e 36 euros.
"Gran Concerto de Ano Novo", da Strauss Festival Orchestra, organizado por Promoconcert.
Domingo
26
Palacio da Ópera
19:00
Entradas: 30 e 36 euros.
"Gran Concerto de Ano Novo", da Strauss Festival Orchestra, organizado por Promoconcert.
Xoves
23
Palacio da Ópera
21:00
Entradas: 10, 12, 15 e 21 euros.
Dentro do Ciclo Caixanova 2010, terá lugar o concerto de presentación do novo disco de Carlos Núñez, "Alborada do Brasil", disco no que se rodeou de moito do mellor da música brasileira actual.
Xoves
23
Biblioteca da Sagrada Familia (R/ Antonio Pereira, 1)
19:30
Entrada libre até completar capacidade.
Acabamos o ano na biblioteca Sagrada Familia co último concerto da temporada de “Os xoves na Sagrada”. O reggaeton e o R&B van ser os protagonistas da última velada con "Mafir", un grupo latino, que xa ten un disco no mercado e está a piques de sacar o seguinte, visitaranos coa súa música. Está composto por DJ Sebas e Dheyvhid, dous mozos latinoamericanos que levan anos no mundo musical. Con eles, "Os xoves na Sagrada" despídese ata o vindeiro mes de febreiro. O ciclo, producido pola Concellaría de Cultura, trouxo durante 2010 á biblioteca da Sagrada Familia ritmos de Senegal, Angola, Rusia, Ucrania, Ecuador, Bolivia, Cuba, Brasil, Galicia, e diferentes estilos musicais: jazz, blues, country, bossa-nova, folk galego... converténdose xa nun punto de referencia na actividade cultural dos barrios dos Mallos-Sagrada-Agra.
Xoves
23
18:00 e 21:00
CGAI (Durán Loriga, 10, baixo)
Entrada: 1,20 euros (carné xove: 0,60 euros).
No ciclo "Fóra de serie", proxección de "Fantástico Sr. Fox" (Estados Unidos-Reino Unido, 2009, 87 minutos, V. O. S. en castelán). Dirección: Wes Anderson. Guión: Wes Anderson e Noah Baumbach, sobre un relato de Roald Dahl. Produción: Twentieth Century Fox e American Empirical Pictures. Fotografía: Tristan Oliver. Wes Anderson, autor de "Os Tenembaums" (2001) e "Life Aquatic" (2004), pásase á animación cunha adaptación dun conto de Roald Dahl (en España "El superzorro"), en torno a un raposo superlativo que se enfronta a tres granxeiros.
Mércores
22
Fórum Metropolitano
20:30
Entrada: 5 euros.
Concerto da Coral A Gaiteira e Juanjo Villamor, organizada pola Sociedad Recreativa e Instructiva A Gaiteira.
Mércores
22
El Corte Inglés (Rúa Ramón y Cajal)
19:00
Entrada libre até completar capacidade.
Sinatura de exemplares do libro "Todo é silencio", de Manuel Rivas, publicado en Edicións Xerais.
Desde
o martes 21 de decembro ao sábado 29 de xaneiro
Domus (Rúa Santa Teresa, 1)
De luns a domingo de 10:00 a 19:00 h. Pechado o 25 de decembro, o 1 de xaneiro e o 6 de xaneiro.
O obxectivo desta exposición fotográfica é dar a coñecer o Proxecto Arqueolóxico Medio Éufrates Sirio (PAMES) da Facultade de Humanidades da Universidade da Coruña. Pretende mostrar unha pequena parte do traballo que este equipo sirio-español desenvolve nun proxecto de investigación na arqueoloxía máis antiga de Siria, a través dunha selección de imaxes que mostran o traballo de campo destes profesionais entre os anos 2005 e 2009. Visualizar a beleza dunha imaxe, o traballo dun grupo de investigadores que aman o que fan e ao mesmo tempo a maxia do país sirio son algunhas das sensacións que o espectador captará dende un primeiro momento. O PAMES é unha iniciativa científica de grande interese para o estudo das diferentes civilizacións que habitaron o Próximo Oriente dende finais do IV milenio a.C Encádrase pois na Orientalística antiga, unha disciplina apenas desenvolvida no ámbito dos estudos humanísticos no noso país. O obxectivo principal do PAMES é, polo tanto, o motivo do seu nacemento é examinar unha zona situada na Siria actual, denominada polos especialistas da antigüidade próximo-oriental, a conca sirio-mesopotámica. A área elixida para a investigación é un sector do val do río Éufrates duns 60 km de lonxitude, na provincia de Deir ez-Zor. Nesta zona englóbanse varias liñas de estudo:
- A fronteira setentrional do reino Mari.
- Os albores da historia (primeiras cidades e primeiros textos conservados)
- As canles de navegación, primeiros viaxeiros e exploradores europeos (s. XIX e XX)
- A política expansionista dos asirios (s. XIV-VII a.C)
- O limes oriental do Imperio Romano (s. VII d.C)
- As primeiras sociedades agropecuarias (VIII milenio a.C)
Unha multiplicidade de liñas de actuación, algunhas aínda en estado embrionario, converten o PAMES nun macroproxecto de gran potencial científico no campo da Prehistoria e fundamentalmente da Historia Antiga do Próximo Oriente.
O proxecto PAMES será ademais obxecto dunha intervención a principios de 2011 na Domus encadrada nunha nova liña de actuación en colaboración coa Universidade da Coruña, a Galería UDC. As salas de exposicións dos Museos Científicos Coruñeses abrirán espazos dedicados á presentación de proxectos de investigación desenvolvidos na Universidade da Coruña. Ademais da Galería UDC na Domus, dedicada ao proxecto PAMES, está previsto abrir outra na sala Humboldt do Aquarium.
Martes
21
Teatro Rosalía de Castro
20:00
Entrada libre até completar capacidade.
Homenaxe ás familias das vítimas do franquismo, cun recital poético e a actuación musical de A Quenlla, Xosé Taboada, César Morán e Paco Campos. O acto estará presentado por Xurxo Souto e Isabel Risco. Organizado desde a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.
Mércores
22
18:00 e 21:00
CGAI (Durán Loriga, 10, baixo)
Entrada: 1,20 euros (carné xove: 0,60 euros).
No ciclo "Antonioni documental", proxección de "Fare un film per me è vivere", (Franza-Italia-Alemaña, 1995, 52 minutos, V. O. S. en galego). Dirección: Enrica Antonioni. Produción: Arte, Titti Film, Westdeutscher Rundfunk. Documental televisivo sobre o traballo de Antonioni que Enrica Antonioni gravou durante a rodaxe de "Alén das nubes". Participación de Fanny Ardant, Irène Jacob, o guionista Tonino Guerra e o propio Antonioni; e "Antonioni su Antonioni" (Italia, 2008, 55 minutos, V. O. S. en galego). Dirección e guión: Carlo di Carlo. Produción: Cineteca del Comugne di Bologna, en colaboración con RAI Teche, RAI Trade e Mediaset. Documental realizado a partires de imaxes de arquivo, sobre todo de intervencións de Antonioni en programas de televisión ao longo de vinte anos. O resultado é un retrato inédito do cineasta que nos devolve as súas palabras e reflexións sobre o cine e a vida.
Luns
2
0
Casa da Cultura Salvador de Madariaga (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.
O ciclo Poetas Di(n)versos, dirixido por Yolanda Castaño, retoma as actividades coas que arrancara o ano pasado, con grande éxito de público. O obxectivo desta iniciativa céntrase en achegar a poesía ao público en xeral amosando outra forma de disfrutar a poesía dun xeito case escénico a través do que se busca animar a todo o mundo a achegarse a ela. Os protagonistas do recital deste día son:
- Andrés Neuman (Buenos Aires, 1977). O último Premio Alfaguara de Novela foi e será sempre, ademais, un lúcido poeta que se prodiga en múltiples formas dende o haiku ata o aforismo. Este arxentino-granadino, tamén autor de contos e microensaios, xa foi sinalado como un dos nomes clave da literatura do século XXI por mestres como Bolaño.
- Olga Novo (Vilarmao, Pobra do Brollón, 1975). Autora de culto das últimas xeracións galegas e unha das poéticas máis desacougantes do panorama contemporáneo, o seu traballo como profesora na Universidade da Bretaña Sur fainos escasas as ocasións de escoitar a forza vivencial e o erotismo.
Pódese descargar máis información neste ficheiro en .pdf: Programa Ciclo DinVersos Decembro 2010.
Do
martes 21 de decembro até o domingo 9 de xaneiro
Domus (Rúa Santa Teresa, 1)
Proxeccións de "Wild safari" ás 13:00 h. (versión en galego) e 18:00 h. (versión castelán)
Proxeccións de "SOS Planet" ás 12:00 h. (versión en castelán) e 17:00 h. (versión en galego)
Entradas: 4 euros (2 euros para menores de 14, maiores de 65, Carné Xove e Tarxeta Vinte).
A nova película en tres dimensións da Domus invita os espectadores a un safari no que coñecerán os chamados Cinco Grandes: o elefante, o rinoceronte, o leopardo, o búfalo do Cabo e o león. Ao longo dunha viaxe de 5.000 quilómetros polo sur do continente africano, a través das pradarías de Addo/Shamwari e as sabanas de Kalahari, pódese apreciar a beleza destes animais que están en perigo de extinción. E percíbese a importancia de valorar e conservar a vida salvaxe en todo o seu esplendor. É a primeira vez que unha película retrata a vida salvaxe en tres dimensións, situando o espectador como copiloto dun safari que percorre as diversas reservas naturais de Sudáfrica e no que se enfrontará a impresionantes elefantes, esquivos leopardos ou famentos leóns. A película inclúe ademais escenas a vista de paxaro do sur de África, realizadas con avanzadas técnicas de imaxes vía satélite: miles de quilómetros percorridos no espazo nuns poucos segundos. Con esta estrea, o cine 3D da Domus pode ofrecer por primeira vez unha programación con dous películas, engadindo "Wild Safari" ao documental de animación presentado o pasado novembro, "SOS Planet", que convida a explorar a situación medioambiental do noso fráxil planeta, celebrando así o Ano Internacional da Biodiversidade.
Luns
20
Forum Metropolitano
20:00
Entrada libre até completar capacidade.
Como final das actividades dos Cantos de Nadal 2010, terá lugar o Concerto Participativo, dentro do Ciclo Forumfolk. Este espazo convértese nunha auténica festa navideña, na que distintas asociacións de música tradicional da cidade e as persoas que participaron nos obradoiros Cantos de Reis que tiveron lugar nas distintas Bibliotecas Municipais da cidade cantarán ao nadal. É a terceira vez que ten lugar este concerto participativo no Fórum, que todos os anos enche este espazo. Toda a información neste arquivo: Cantos de Nadal 2010.
Luns
20
Domus (Rúa Santa Teresa, 1)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.
Na sala Leonardo da Vinci da Domus terá lugar a conferencia-coloquio titulada "A expedición MALASPINA 2010: a exploración do océano global", impartida por Antonio Bode, Marta Varela e Marta Álvarez, Investigadores Titulares do Centro Oceanográfico da Coruña do Instituto Español de Oceanografía, e participantes na expedición. A expedición MALASPINA 2010 é unha circunnavegación do océano global co obxectivo de explorar a biodiversidade aínda descoñecida e analizar os efectos do cambio climático. Trátase dun esforzo extraordinario e multidisciplinar da comunidade científica española que rende homenaxe á viaxe que Alejandro Malaspina, ao mando de dous navíos da Armada Española, emprendeu en 1789. Nesta ocasión empregaranse os buques de investigación oceanográfica Hespérides e Sarmiento de Gamboa que realizarán máis de 40.000 millas náuticas percorrendo os océanos Atlántico, Índico e Pacífico entre decembro de 2010 e xullo de 2011. Nesta conferencia farase un percorrido dende a perspectiva histórica da expedición orixinal do s. XVIII ata os máis avanzados obxectivos e tecnoloxía que se empregará na expedición actual. Destacarase especialmente a relación de ambas as dúas expedicións coa Coruña, cidade na que Alejandro Malaspina estivo recluído ao final da súa expedición pero tamén onde está un dos principais centros de investigación do Instituto Español de Oceanografía que participan no proxecto actual. Para máis información pódese visitar a páxina web do proxecto MALASPINA 2010. Esta conferencia está organizada polo Centro Oceanográfico da Coruña do Instituto Español de Oceanografía, en colaboración cos Museos Científicos Coruñeses.