Xoves
29
Teatro Rosalía de Castro
20:30
Entradas: 10, 12, 14 e 18 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados, desconto dun 20%).
"Monólogos de Navidad", coa participación de Xavier Deltell e Bermúdez. O lleidano Xavier Deltell tratou de empezar a súa carreira humorística nunha chirigota de Cádiz, pero como a distancia era un problema buscou traballo na radio para colmar a súa sede de humor ata situarse ao pouco tempo detrás dun micrófono en Radio Barcelona da Cadena Ser. Músico, actor e showman, o madrileño Carlos del Soto, "Bermúdez", prodigouse como analista da corrente alterna nos últimos anos nun sen número de programas de televisión como El Club de Flo, Los irrepetibles, El humor de tu vida, La noche con... Fuentes y Cía, El Club de la Comedia, Hermanos de leche, etc., ademais de, buscando tempo onde non o tiña, crear o seu propio espectáculo, facer noite de cómicos, escribir algunha historia contraditoria ou acudir aos programas dos amigos.