Teatro Rosalía de Castro: Ciclo Principal xaneiro-maio 2011
O
Ciclo de teatro no Rosalía de Castro comeza cunha nova denominación, Ciclo Principal, pero coa mesma calidade. O programa, que se pode descargar neste arquivo .pdf: Ciclo Principal xaneiro-maio 2011, está composto por:
Venres 28 e sábado 29 de xaneiro:
"Madre Paz" (de Darío Fo e Franca Rame). Sobria, innovadora e en ocasións sobrecolledora, posta en escena dunha historia baseada en feitos reais que percorre a evolución de Cindy Sheehan, unha nai que tenta achar algún sentido na morte do seu fillo de 24 anos nunha guerra baseada nunha gran mentira. Con: Mª José Goyanes, Marc Parejo, Silvia Vivó e a música en vivo de Ali Reza. Dirección: Carlos La Rosa. Entradas: Tarifa B.
Venres 4 e sábado 5 de febreiro:
"Razas" (de David Mamet). Dous avogados reciben a visita dun adiñeirado executivo branco, en busca de defensa legal tras ser acusado de violación por unha moza negra. Cando a moza axudante do despacho -tamén de raza negra- se implica no caso, as auténticas opinións de cada un empezan a revelarse polo que a inocencia do imputado queda en dúbida. Con: Toni Cantó, Emilio Bualé, Bernabé Rico, Montse Pla. Dirección: Juan Carlos Rubio. Entradas: tarifa A.
Sábado 26 e domingo 27 de febreiro:
Teatro Corsario: "El caballero de Olmedo" (de Lope de Vega. Adaptación: Fernando Urdiales). Cun rigor e un respecto do texto encomiables, Fernando Urdiales dirixe un elenco de actores formidables que recrean este texto de Lope de Vega no que se narra un suceso recollido nun romance: o asasinato dun fidalgo no camiño de Medina a Olmedo. Con: Borja Zamorano, Rosa Manzano, Luis Miguel García, Verónica Ronda, Patricia del Amo, Rubén Pérez Delgado, Borja Gutiérrez-Semprún, Julio Lázaro, Jesús Pena. Dirección: Fernando Urdiales. Entradas: Tarifa A.
Venres 18 e sábado 19 de marzo:
Eme2. "O conto do zoo/The zoo story" (de Edward Albee). "O Conto do zoo" é a historia dun home (Rai) que non atina co xeito de comunicarse. E que alentado por unha falta de habilidade social e desesperación insuperable, reclama (xa que comprensión non logra) o animal que está detrás doutro home (Xulio) para que o axude... con Pedro Alonso, Luis Zahera. Dirección: Pedro Alonso. Rede Galega de Teatros. Entradas: tarifa B.
Xoves 24 e venres 25 de marzo:
Tanttaka Teatroa. "La mujer justa" (de Sándor Márai, con adaptación de Eduardo Mendoza). A esposa dun home impenetrable atopa na súa carteira a cinta violeta que o guiará cara a un amor secreto; o marido evoca a súa historia con ambas as dúas mulleres, xa perdidas para sempre; un amigo, escritor, actúa como confidente do matrimonio; a amante revela, ao fin, a súa verdade, tan complexa e cambiante como os relatos precedentes. Con Rosa Novell, Camilo Rodríguez, Ana Otero, Ricardo Moya. Dirección: Fernando Bernués. Rede Galega de Teatros. Entradas: Tarifa A.
Venres 8 e sábado 9 de abril:
Sarabela Teatro. "O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca" (de Álvaro Cunqueiro). Texto lírico, intertextual e complexo que leva implícito ritmo, musicalidade, escrita marabillosa con grandes acertos técnicos, forza dramática e orixinalidade. Con Josito Porto, Sabela Gago, Fernando Dacosta, Nate Borrajo, Tito Asorey, Elena Seijo, Fina Calleja. Dirección: Ánxeles Cuña Bóveda. Rede Galega de Teatros. Entradas: tarifa B.
Venres 15 e sábado 16 de abril:
Teatro del Temple. "Luces de Bohemia" (de Valle-Inclán). A versión de Teatro del Temple proponse ser fiel ao texto e ao espírito que emana, pero recolocándoo escenicamente. Foxen dunha actualización mecánica dos códigos escénicos e pretenden unha profundización na esencia do texto; que os leva a considerar a súa modernidade independentemente do contexto no que está escrito. Con: Ricardo Novo, José L. Esteban, Javier Aranda, Gema Cruz Francisco Fraguas, Gabriel Latorre, Rosa Lasierra, Jorge Usón. Dirección: Carlos Martín. Entradas: tarifa A.
Domingo 17 de abril (Homenaxe a Valle Inclán):
La Zaranda (Premio Nacional de Teatro 2010). "Nadie lo quiere creer. La patria de los espectros" (de Eusebio Calonge). Presenta a situación que se crea en torno ao leito de morte da vella dona dunha saga familiar. No seu arredor arremuíñanse parentes "das máis perdidas ramas da árbore xenealóxica" á calor dunha herdanza que fai espertar "os máis baixos intereses". O tedio da espera e a esperanza de pescar entre os suculentos arcaces "da dona" esténdense entre a familia como unha gangrena cernando espíritos e vontades. Con: Francisco Sánchez, Enrique Bustos, Gaspar Campuzano. Dirección: La Zaranda. Entradas: tarifa B.
Venres 29, sábado 30 de abril e domingo 1 de maio:
Juanjo Seoane Producións. "La violación de Lucrecia" (de William Shakespeare, en tradución de José Luis Rivas Vélez). O texto é unha obra de mocidade do autor inglés pero contén todo o xerme e a grandiosidade das súas obras posteriores. A extraordinaria e emocionante narración do feito criminal que terminou co reinado dos reis en Roma e que propiciaron, por tanto a instauración da república romana, convértese na súa pluma nun mosaico de sentimentos, paixóns, arrebatos e delitos, nun espectáculo de gran beleza a pesar da súa arrepiante violencia. Con: Nuria Espert. Dirección: Miguel del Arco. Nota: Aforamento limitado a butacas, plateas e palcos. Entradas: 17 euros.
Venres 20 e sábado 21 de maio:
Txalo Producións. "Crimen perfecto" (de Frederick Knott). Tony Wendice quere asasinar á súa esposa Margot para conseguir o seu diñeiro. Chantaxea a un antigo coñecido para que entre na casa na súa ausencia e estrangule a Margot cando esta reciba unha chamada telefónica. Con todo, o plan falla, e é ela a que mata ao seu asasino. Con: Elena Furiase, Jorge Sanz, Pablo Puyol, Antonio Albella, José Sánchez. Dirección: Victor Conde. Entradas: Tarifa A.
ENTRADAS E ABONOS:
Tarifa A: 17, 13, 10 e 8 euros.
Tarifa B: 13, 9, 7 e 6 euros.
Abono 8* 93; 69; 53,75 e 40,50 euros.
+ "Nadie lo quiere creer": 9,75; 6,75; 5,25 e 4,50 euros, respectivamente.
+ "La Violación de Lucrecia": 12,75 euros.
*Abono 8: o seu prezo supón un desconto do 25%. En cada abono existen dous días de función que dan orixe a dúas opcións: V e S. A opción V ten todas as funcións en venres, excepto unha que é en domingo (27 de febreiro). A opción S ten todas as funcións en sábado, excepto unha que é en xoves (24 de marzo). Deste abono quedan excluidos "Nadie lo quiere creer" e "La violación de Lucrecia" porque só se programa unha función ou porque non se garantiza a localidade nin o día do abono. Os abonados interesados nestes espectáculos poderán retirar a entrada para os mesmos ao adquirir o seu abono co mesmo desconto
Venda de abonos:
Datas:
- Abonados do ciclo anterior: do 27 ao 30 de decembro.
- Para novos abonados: 4 e 5 de xaneiro.
Canles:
- Billeteira da Praza de Ourense: de 9:30 a 13:00 e de 16:30 a 19:30 h.
- Televenda: tlf. 902-504 500, de 8:00 a 22:00 h.














