Palacio Municipal: exposición de Luís Caruncho, “Sete momentos. Unha homenaxe da súa cidade”

venres, 14 xaneiro 2011, 11:52 | Category : escultura, exposicións, pintura
Tags : , ,

Do Caruncho Mi ciudad_enbajavenres 14 de xaneiro ao domingo 20 de febreiro
Sala de Exposicións do Palacio Municipal
De luns a domingo: de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.

A exposición "Sete momentos" convértese nunha homenaxe da súa cidade á figura do artista contemporáneo Luís Caruncho, onde se recollen unha vintena de pezas nas que podemos seguir as principais etapas da súa producción artística, tanto en pintura como en escultura, grazas a unha moi coidada selección de pezas especialmente significativas de cada unha delas e que abranguen dende os anos cincuenta ata hoxe. Luis Caruncho é, sen dúbida, un dos autores galegos máis recoñecidos. Destaca a súa interpretación da pintura dende presupostos constructivistas, aos que aporta unha lírica moi especial co emprego da cor. Ten feito exposicións nas principais cidades do mundo. A súa vinculación coa súa cidade de nacemento é constante, e tivo sempre un intenso e prolongado labor de promoción das artes xa coa célebre Galería Giannini como todo o seu traballo coa Fundación Fenosa e, especialmente coa antiga Bienal Fenosa e os Museos de Arte Contemporánea. Por todo, Salvador Corroto, Xavier Seoane e un gran grupo de amigos promoveron esta homenaxe que o Concello materializou. Ao longo da exposición faranse diversas actividades. A inauguración terá lugar ás 20:00 h.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path