Exposición homenaxe a Perfecto Estévez na Casa da Cultura Salvador de Madariaga

venres, 21 xaneiro 2011, 12:01 | Category : exposicións, homenaxes, pintura
Tags : ,

Do Perfecto Estévezmércores 19 de xaneiro ao domingo 27 de febreiro
Casa da Cultura Salvador de Madariaga (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
De luns a domingo: de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.

Exposición en homenaxe á figura de Perfecto Estévez (Ourense, 1955-A Coruña 2010), quen se dedicou especialmente a tres campos fundamentais: o cartelismo, a pintura e a edición. Posiblemente este sexa un dos seus grandes méritos, achegar intimamente o cartelismo e a pintura, conseguindo calidade e forza estética para o primeiro e intensidade e proximidade á segunda. Esta fusión de tratamentos percíbese tamén no seu labor de edición, tan importante dende os anos oitenta. De fieis e comprometidas conviccións políticas e culturais, na súa pintura desenvolve unha longa evolución cara á abstracción das dúas últimas décadas, con pasos por arte dixital. Estes cambios reflectiranse nas súas outras facetas. A exposición pretende abranguer todos estas etapas. A súa obra pictórica móstrase na planta baixa, onde tambien se exhibe unha breve mostra da súa obra editorial. O primeiro andar dedícase á súa obra gráfica, tanto como estampador como os seus carteis. En palabras de Felipe Senén: "Por aquí e hoxe seguen ensombrecidos pola grandilocuencia imperante –a que tamén obnubila a nosa Historia- os creadores dos anos setenta, a súa e o seu compromiso, cando eles sementaron tantas cousas. Cómpre perspectiva histórica para entender que o século XXI comeza a abrirse nestes anos. Era imprescindible nese tempo e hoxe Perfecto Estévez. Seguímolo en diferentes empresas, como creador e axente publicitario, con encargos para a editorial "Espiral Maior", para a Universidade da Coruña... a súa ansia creadora non se paraba no lenzo, nos tubos de acrílico ou no que se merca nas droguerías. Sabía que o creador bástalle calquera cousa para improvisar algunha creación: o ordenador, as novas tecnoloxías abren a novos horizontes, e neso estaba, como sempre, re-creando sobre o enigma da liñas, as mesturas da cor, procurando impactar, comunicar, aguilloar. E sempre Galiza na espiral." A inauguración terá lugar o mércores 19 de xaneiro ás 19:00 h. Deixamos aquí, á disposición do público a portada (Portada Perfecto Estevez 2011) e o interior (Interior Perfecto Estevez 2011) do catálogo da exposición.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path