Estrea do proxecto de fusión artística “Fuso Negro”, na Fundación Caixa Galicia
Venres
28
Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.
Estrea do proxecto de fusión artística "Fuso Negro", -nome quitado dunha personaxe de Ramón del Valle-Inclán-, que tenta ser un proxecto cultural, tipo "spoken word", no que o poeta Xoán Abeleira, o baixista Álvaro Muras, o guitarrista Julio Cuns, o percusionista Karlos Barral e o batería Bruno Couceiro fusionan, basicamente, a música, o teatro e a poesía de vangarda.














