CGAI: “Muro público”, de Pablo Outón, e “Macho Alfa en el gabinete del Dr. Tirano”, de Paula Carro

venres, 28 xaneiro 2011, 12:03 | Category : cinema
Tags : , , , ,

Sábado 29
CGAI (Durán Loriga 10)
18:00
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro do Ciclo "Off Galicia", proxección de "Muro público" (2011, 16 minutos). Dirección, guión e produción: Pablo Outón. "Esta curtametraxe experimental, a modo de time-lapse documental, propón unha reflexión en torno ao concepto de propiedade da arte pública a través do apropiacionismo creativo na contorna urbana, onde un colectivo de artistas integra pictoricamente a publicidade que ateiga as rúas nas súas sucesivas obras murais e dando voz de narrador á cidadanía que transita o espazo entrópico do encadre visual", en palabras do seu director; e "Macho Alfa en el gabinete del Dr. Tirano" (2009, 11 minutos). Dirección: Paula Carro. Macho Alfa non sabe que o combate máis difícil da súa vida está por chegar e non se vai librar dentro do ring… Unha visita ao dentista convértese nunha loita épica. Música de "Santos Morcegos!!!".  Presentación coa presenza dos seus autores.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path