Fórum: “Grillos y luciérnagas”, da Compañía La Machina, no Ciclo Todo Público
Sábado 29
Fórum Metropolitano
19:00
Entradas: 5 euros (abono familiar de 3 entradas por 12 euros).
Prosegue o Ciclo Todo Público 2010-2011 coa obra "Grillos y luciérnagas", da Compañía La Machina (Cantabria), dirixida a un público maior de 5 anos, cunha duración aproximada de 45 minutos. ¿Que pasa cando esperta a noite? Cambia a luz, cambian as cores, pero o mundo non desaparece. Hai outras luces e outros sons, que non se encontran polo día, e os soños, que nos envolven cando durmimos. Un mundo fantástico de verdade e misterio. "Grillos y Luciérnagas" fai referencia ás luces e os sons da noite e o debuxo teatral, un xogo poético entre unha muller e un home, que está dedicado aos máis pequenos, ao seu asombro. Con Patricia Cercas e Luis Oyarbide, baixo a dirección de Valeria Frabetti.














