Teatro Rosalía: “Double Track”, de La Macana e EMBER
Domingo
30
Teatro Rosalía de Castro
19:00
Entradas: 9 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados: 7 euros).
"Double Track" é un conxunto de tres pezas de danza de pequeno formato que se presentan reunidas nun mesmo programa, grazas á colaboración entre La Macana (Galicia, Caterina Varela e Alexis Fernández) e EMBER (País Vasco e Cataluña, Jorge Jáuregui e Laura Arís). A velada comeza coa peza "La era de los cosmonautas", un dúo creado e interpretado por Laura Arís e Jorge Jáuregui. De seguido a peza "Ven", dúo creado e interpretado por Caterina Varela e Alexis Fernández que conseguiu o 1º Premio, Premio do Público e Premio da Crítica do "XXII Certamen Coreográfico de Madrid" no ano 2008, e puido verse en numerosos paises ademais de España como Cuba, Suecia, Alemania, Brasil, Portugal, Luxemburgo, Franza, Italia, Chipre, Inglaterra, Suiza, República Checa e Finlandia. E remata a velada con "Cola de gallo", un cuarteto que se estreou en Huesca en Maio de 2010 dentro do Festival Trayectos, e que estivo no importante festival "Dies de Dansa" de Barcelona no mesmo ano.














