CGAI: “La mosquitera”, de Agustí Vila
Martes 1
CGAI (Durán Loriga 10)
18:00 e 20:45
Entradas: 1,20 euros (0,60 euros con carné xove).
Dentro do Ciclo "Luis Miñarro presenta...", proxección de "La mosquitera" (España, 2010, 95 minutos). Dirección e guión: Agustí Vila. Terceira longametraxe do singular Agustí Vila, unha claustrofóbica reflexión sobre os códigos de supervivencia que elude todo tratamento convencional para centrarse nun dos temas clave do mellor cine español, a disección da célula familiar. Unha familia en crise, cuxos membros viven atrapados nun mundo de culpa e sentimentos enfrontados. Un adolescente refuxiado no silencio rebélase contra o mundo dos adultos, exemplificado nos pais, Alicia e Miguel, e María, unha anciá con Alzheimer. O rapaz acolle todo tipo de animais e todos parecen atrapados por unha rede invisible que os illa, o mosquiteiro.














