Charla “Un libro, unha película, unha canción”, con Consuelo Bautista

Venres 28
A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

A Asociación Cultural Alexandre Bóveda comeza un ciclo de charlas titulado "Unha película, unha canción, un libro", no que se amosarán as vivencias de distintos persoeiros da nosa cidade desde un punto de vista totalmente separado da súa profesión, contando cales son os seus libros, películas e cancións preferidas e como incluso marcaron momentos importantes das súas vidas. Nesta primeira ocasión falará a popular xornalista e locutora de Radio Coruña, Consuelo Bautista.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

CGAI: “Bolboreta, mariposa, papallona”, de Pablo García

mércores, 26 xaneiro 2011, 12:25 | Category : cinema
Tags : , ,

Venres 28
CGAI (Durán Loriga 10)
18:00 e 20:45
Entradas: 1,20 euros (0,60 euros con carné xove).

Dentro do Ciclo "Luis Miñarro presenta...", proxección de "Bolboreta, mariposa, papallona" (España, 2006, 87 minutos). Dirección e guión: Pablo García. Un director de cine indaga sobre o fracaso da súa última película. Nunha viaxe a unha vila mariñeira, escenario da súa obra inconclusa, dirixe a cámara sobre o cotián, o amor, o tempo, o delicado fluír do coñecemento; os sorrisos e complicidades entre a infancia e os adultos; o mar e os prados. Na procura de solucións para a súa película, o director atopará a resposta nas mesmas preguntas que relacionan cine e vida. E da man dos cativos vai debullarse unha nova e marabillosa historia.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Carteleira de cinema no Fórum (Sala Marilyn Monroe)

mércores, 26 xaneiro 2011, 12:23 | Category : cinema
Tags : , ,

"Copie conforme (Copia certificada)", de Abbas Kiarostami (Franza, 2010, 102 minutos, V. O. S. en castelán), dentro do ciclo Estreas en Versión Orixinal. Esta é a historia dun encontro entre un home e unha muller nun pequeno pobo italiano no sur da Toscana. O home é un autor británico que acaba de terminar unha conferencia. A muller, de Franza, posúe unha galería de arte. Esta é unha historia universal que podería ocorrerlle a calquera, en calquera lugar. Proxeccións: xoves 27 ás 20:15; venres 28 ás 20:15 e 22:45; sábado 29 ás 17:15 e 20:15. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros). Abono de 5 entradas por 12 euros. A sesión do sábado ás 17:15 ten un prezo único de 1,50 euros.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Carteleira de cinema no Fórum (Sala Fernando Rey)

"Coup de torchon", de Bertrand Tavernier (Franza, 1995, 128 minutos, V. O. S. en castelán), dentro do ciclo As grandes damas do cinema francés. O filme sitúanos nunha colonia francesa no ano 1938. Lucien é un policía dun pequeno pobo ao que case ninguén toma en serio, incluída a súa muller. Non ten autoridade e fai a vista gorda ante pequenos delitos. Pero, un bo día, Lucien vai cambiar por completo a súa forma de ser. Proxeccións: xoves 27 ás 20:30 e venres 28 ás 20:30 e 23:00 h. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos, socios de Alliance Française e desempregados/as, 2 euros). Abono de 5 entradas por 12 euros. A sesión do venres ás 23:00 h. ten un prezo único de 1,50 euros.
"Roman de Gare", de Claude Lelouch e Pierre Uytterhoeven (Franza, 2007, 103 minutos, V. O. S. en castelán), N. R. M. de 13 anos, dentro do mesmo ciclo. Judith Ralitzer, muller fatal e escritora de éxito busca os personaxes para o seu próximo best-seller. Un asasino acaba de escapar do psiquiátrico. Huguette, frívola nova na cidade, perruqueira nun gran salón parisiense, cambiará os seus destinos. Algúns encontros son máis decisivos que outros... Proxeccións: sábado 29 ás 17:30 e 20:30 h. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos, socios de Alliance Française e desempregados/as, 2 euros). Abono de 5 entradas por 12 euros. A sesión do sábado ás 17:30 ten un prezo único de 1,50 euros.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía: “Madre Paz, diario auténtico e imaxinario de Cindy Sheehan” de Darío Fó e Franca Rame, no Ciclo Principal

Venres 28 e Sábado 29
Teatro Rosalía de Castro
20:30
Entradas: 6, 7, 9 e 13 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados, -20 %).

Dentro do "Ciclo Principal", "Madre Paz. Diario auténtico e imaxinario de Cindy Sheehan", de Darío Fó e Franca Rame, é unha sobria, innovadora e en ocasións sobrecolledora posta en escena dunha historia baseada en feitos reais que percorre a evolución de Cindy Sheehan, unha nai que tenta achar algún sentido na morte do seu fillo de 24 anos nunha guerra baseada nunha gran mentira. A función constitúe un case monólogo da protagonista, interpretada maxistralmente por María José Goyanes, comparte protagonismo con imaxes e o inigualable son da viola maxistralmente executada polo músico Ali Reza. Con María José Goyanes, Marc Parejo, Silvia Vivó e a música en vivo de Alí Reza, baixo a dirección de Carlos La Rosa.
O 27 de xaneiro, a partir das 20:00 h., no propio Teatro, haberá un Encontro co público, coa presenza de María José Goyanes e o equipo artístico da obra, con entrada libre ata completar capacidade.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

CGAI: “Honor de cavallería”, de Albert Serra

mércores, 26 xaneiro 2011, 12:17 | Category : cinema
Tags : , ,

Xoves 27
CGAI (Durán Loriga 10)
18:00 e 20:45
Entradas: 1,20 euros (0,60 euros con carné xove).

Dentro do Ciclo "Luis Miñarro presenta...", proxección de "Honor de cavallería" (España, 2006, 103 minutos, V. O. S. en castelán). Dirección e guión: Albert Serra. Participante na "Quincena de Realizadores" en Cannes, filmada en formato dixital e integramente en exteriores con actores non profesionais, é unha insólita e persoal aproximación ao mito de Don Quixote (definida polo seu creador como a primeira película sobre o Quixote feita por xente quixotesca) que partindo dos personaxes principais da obra e con dúas escenas entresacadas do libro, permite indagar nos dilemas da creación moderna, do relato baleiro aos distintos fluxos narrativos, a contemplación, o desprendemento, a captación de atmosferas cheas do cotián.
Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Acto de entrega dos “Premios Apalpador para Actividades Escolares e Extraescolares”

martes, 25 xaneiro 2011, 11:48 | Category : música, premios
Tags : , ,

Venres Apalpador premio28
Casa Museo Casares Quiroga (Rúa Panadeiras, 12)
19:00
Entrada libre até completar capacidade.

Acto de entrega dos "Premios Apalpador para Actividades Escolares e Extraescolares", ao que seguirá a actuación en directo de Miro Casabella.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Xornadas Excéntricas do 5 ao 12 de febreiro, con Mofa e Befa e Quico Cadaval

Do sábado 5 ao 12 de febreiro desenvólvense na Coruña as "Xornadas Excéntricas", cos seguintes espectáculos de Produccións Excéntricas:

Sábado 5 e Domingo 6. Fórum Metropolitano:
"Shakespeare para ignorantes", de Mofa e Befa. Mofa e Befa irrompen na académica conferencia dun prestixioso profesor sobre Shakespeare para poñer en primeiro plano as escenas máis ignoradas polo público actual do conspicuo bardo. Con Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira e Quico Cadaval. Dirección: Quico Cadaval.
Funcións: día 5, 20.30 h; día 6, 19.00 h. Entradas: 9 euros euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados, 7 euros; con "O peor de Mofa e Befa" e "Un cranio furado", 5'40 euros). Funcións escolares: días 7, 8 e 9 de febreiro, ás 11:30 h.

Mércores 9. Teatro Rosalía de Castro:
"O peor de Mofa e Befa". Conxunto de sketchs interpretados por Evaristo Calvo, Victor Mosqueira e algún convidado sorpresa.
Función: 20.30 h. Entradas: 6, 7, 9 e 13 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados, -20%; con "Shakespeare para ignorantes" e "Un cranio furado", -40%).

Xoves 10. Escaparate de MERIENDACENA (San Andrés, 84):
"Conversatório", con Quico Cadaval. Quico Cadaval, co apoio dunha vendedora de tempo, Marga Alborés, ofrécese a conversar con alguén que pague a modesta tarifa dun euro. O tempo da conversa é repartido entre Cadaval e o cliente, utilizando un reloxio de xadrez. O conversa pode ser vista, mais non ouvida, polo público casual que pase polo rúa.
A partir das 17:00 h. Entradas: 1 euro.

Venres 11 e Sábado 12. Teatro Rosalía de Castro.
"Un cranio furado", de Martin Mc Donagh. Unha obra escrita por un explosivo autor anglo-irlandés nos anos 90, que tiña tanta vontade de provocar ó tradicional mundo irlandés que herdaba como horrorizar ó requintado público urbano londinense. O protagonista é o enterrador de Connemara que ten que trasladar os restos da súa esposa, morta sete anos atrás de accidente de tránsito. Acompáñano un policía local, unha meia prima e un rapaz. Con Dorotea Bárcena, Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira e Santi Romay. Dirección: Quico Cadaval.
Funcións: días 11 e 12, 20.30 h. Entradas: 6, 7, 9 e 13 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados, -20%; con "Shakespeare para ignorantes" e "O peor de Mofa e Befa", -40%). Función escolar: venres 11 de febreiro, ás 11.30 h.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Programa ACtúa: Obradoiro “A arte do actor e o proceso creativo”, por Óscar Codesido

19, BANNER-ACtua20, 21, 26 e 27 de xaneiro
Teatro Rosalía de Castro
De 17:00 a 21:00
Prezo: 30 euros. Prazas limitadas. Inscricións en Servinova, no teléfono 902-504 500 e na Billeteira Kiosco Praza de Ourense.

Comeza o Programa "ACtúa", de formación teatral para profesionais, organizado pola CasaHamlet, Manicómicos e Teatro do Andamio, en colaboración coa Concellaría de Cultura e a Deputación da Coruña, co obradoiro "A arte do actor e o proceso creativo", por Óscar Codesido. Para máis información enviar un correo electrónico a  imce at coruna.es.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Merendas con contos nas Bibliotecas Municipais: “O lobo sempre é o malo”

"Merendas con contos" é unha actividade destinada a nenos e nenas de 3 a 7 anos acompañados dos seus pais ou coidadores. Recolle o convite dende o sábado anterior á realización da actividade. Os contos sobre os que xira a actividade desta semana ("O lobo sempre é o malo") son: "O lobo e os sete cabuxos", dos irmáns Grimm  e "¡Que llega el lobo", de Émile Jadoul.

As datas das sesións e para retirar os convites son:
Sábado 22 ás 18:30 h. Biblioteca Infantil e Xuvenil (rúa Durán Loriga, 10). Convites desde o sábado 15.
Mércores 26 ás 18:30 h. Biblioteca Municipal de Monte Alto (Praza dos Avós, s/n, 3º). Convites desde o sábado 22.
Xoves 27 ás 18:30 h. Biblioteca Municipal do Castrillón (Praza de Pablo Iglesias, s/n). Convites desde o sábado 22.
Venres 28 ás 18:30 h. Biblioteca Municipal dos Rosales (Praza Elíptica, 1). Convites desde o sábado 22.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Domus: conferencia “Arqueoloxía galega no berce da civilización”, por Juan Luis Montero e Eloy Taboada

Mércores 26
Domus (Rúa Santa Teresa, 1)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

O investigador Juan Luis Montero e o fotógrafo Eloy Taboada falarán, na conferencia "Arqueoloxía galega no berce da civilización", sobre os traballos desenvolvidos no proxecto Arqueolóxico Medio Éufrates Sirio, da Universidade da Coruña, nos que teñen especial relevancia o estudio do nacemento da escritura, rasgo de identidade humana. Na primeria parte da charla, o Dr. Montero fará unha presentación das investigacións arqueolóxicas no Val do Medio-Éufrates sirio. É unha iniciativa científica de grande interese para o estudo das diferentes civilizacións que habitaron o Próximo Oriente dende finais do IV milenio a.C. O seu obxectivo principal e, polo tanto, o motivo do seu nacemento é examinar unha zona situada na Siria actual, denominada polos especialistas da antigüidade próximo-oriental, a conca sirio-mesopotámica. A continuación terá lugar unha proxección audiovisual na que se dá a coñecer o contexto cultural e humano da expedición a través das fotografías de Eloy Taboada, fotógrafo do proxecto.
Juan Luis Montero é profesor de Historia Antigua, Vicedecano da Facultade de Humanidades da UDC (Campus de Ferrol) e director da expedición Arqueolóxica da UDC en Siria, pioneira en Galicia. Participou en varios proxectos de investigación de universidades francesas sobre arqueoloxía sirio-mesopotámica e foi membro da Misión Arqueolóxica Francesa a Mari (Siria). Recibiu diversos premio polo seu traballo, como o Premio Concepción Arenal de Investigación en Humanidades en 2004, e foi nomeado polo primeiro ministro de Francia Cabaleiro da Orde das Palmas Académicas.
Eloy Taboada é o fotógrafo da exposición sobre o proxecto Arqueolóxico Medio Éufrates Sirio que actualmente se expón na Domus. Colaborou en revistas e diarios como Historia de Nacional Geographic, Clío, Sirio Magazine, La Voz de Galicia, entre outros, e recibiu dúas mencións de honra nas categorías de Belas Artes e de Natureza no certame fotográfico "International Photography Awards", celebrado en Os Ánxeles (EE.UU).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Concerto de “Galitalia Jazz Meeting” do Iberojazz 2011

martes, 25 xaneiro 2011, 11:43 | Category : concertos, música
Tags : , ,

Finaliza a sexta edición do Iberojazz 2011 o 26 de xaneiro, con esta actuación:
- Mércores 26. Teatro Rosalía de Castro - 21:00 h. Presentación do proxecto orixinal "Galitalia Jazz Meeting", que une a riqueza e madurez do jazz italiano coa frescura do jazz das novas xeracións galegas, encargado pola organización do Iberojazz ao Departamento de Jazz do Conservatorio Superior de Música da Coruña e á Saint Louis College of Music de Roma: un encontro musical de creación propia que servirá para celebrar a primeira licenciatura de Jazz de Galicia. Actuará a Big Band do C. S. M. da Coruña con Rosario Giuliani como artista invitado. Kin García e Antonio Solimene dirixirán a banda. O concerto será gravado en directo para realizar posteriormente un DVD. Entrada: 7 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados: 5 euros).
O programa completo pódese descargar aquí: Iberojazz 2011.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

CGAI: “Uncle Boonmee recuerda sus vidas pasadas”, de Apichatpong Weerasethakul

martes, 25 xaneiro 2011, 11:42 | Category : cinema
Tags : , ,

Mércores 26
CGAI (Durán Loriga 10)
18:00 e 20:45
Entradas: 1,20 euros (0,60 euros con carné xove).

Dentro do Ciclo "Luis Miñarro presenta...", proxección de "Uncle Boonmee recuerda sus vidas pasadas" (Tailandia-España-Francia-Alemaña-Reino Unido-Holanda, 2010, 108 minutos, V. O. S. en castelán). Dirección e guión: Apichatpong Weerasethakul. Palma de Ouro en Cannes 2010. Unha feliz e exuberante mestura de fantasmas, lembranzas, reencarnacións, regresos, soños, itinerancias ou visións que parte dun suposto ambicioso, a idea de que as seis bobinas que compoñen a película teñen un estilo e tratamento estilístico distinto (circunstancia que non importa nin impide gozar da fascinación emanada da película). O tío Bonnmee sofre unha insuficiencia renal aguda e decide pasar os derradeiros días entre os seus no campo. Para a súa sorpresa, os fantasmas da muller falecida e o fillo desaparecido vánselle aparecendo e parecen protexelo.
Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A A. C. O Facho convoca o “Concurso de Teatro Infantil”

martes, 25 xaneiro 2011, 11:39 | Category : Libro e lectura, infantil, premios, teatro
Tags : ,

"Assumindo como próprias as palavras de Juan Ramón Jiménez quando afirmava que "Teatro infantil é aquele que também lhe gosta aos nenos", a Junta Directiva da Associaçom Cultural O Facho acordou convocar de novo o "Concurso de Teatro Infantil", que, nesta nova etapa, se regerá polas seguintes

BASES:

1º) Poderám optar ao devandito prémio todas as pessoas que pressentem obras inéditas –em qualquer tipo de suporte- nom representadas, nem premiadas noutros certames e que esteiam escritas em língua galega.
2º) Estabelece-se como prémio único, a ediçom da obra ganhadora, da que o autor ou autora receberá 500,.- € e como mínimo o 40% da ediçom..
3º) A obra, que nom poderá exceder os 80 fólios, será presenteada por quintuplicado, em formato DIN A4, a dobre espaço e mecanografados por umha soa cara.
4º) Os originais para o Concurso enviaram-se por correio á sé da Associaçom Cultural O FACHO. R/ Frederico Tápia n.º 12-1º A Corunha (15005) ou a Caixa de Correios n.º 46, Oficina Principal de A Corunha. Apresentarám-se sob um lema, que figurará na portada dos textos enviados, e virám acompanhados de um envelope fechado que contenha no exterior o lema da obra e, no interior, o nome, apelidos e telefone do autor ou autora.
5º) O prazo de admissom de originais finaliza o dia 31 de Março de 2011 às doce da noite. O falho do prémio fará-se público no mês de Maio.
6º) Os ganhadores serám elegidos por um júri nomeado pola Associaçom Cultural O FACHO. O mesmo está composto por pessoas de reconhecido prestigio no âmbito teatral galego: Xosé Manuel Rabón, director teatral; Susana Longueira, actriz; Francisco Pillado Maior, director de Edicoes Laiovento.
7º) O júri poderá declarar deserto um ou vários dos prémios do concurso e será o que deverá resolver aquelas situaçons que se pressentem e que nom esteiam contempladas nestas bases, assim como as duvidas que podam existir na sua interpretaçom.
8º) A participaçom neste Certame implica assumir as bases do mesmo.
9º) Os originais nom premiados poderám ser retirados, no prazo de 30 dias, no local de O Facho, prévio correio dirigido ao endereço postal da Agrupaçom. No caso de que o autor o autora nom resida na Corunha poderá solicitar que lhe sejam enviados por correio postal.
10º) Esta convocatória entrará em vigor ao dia seguinte da sua publicaçom nos médios.

J. Alberte Corral Iglesias
Secretário d’O Facho

Na cidade d’A Corunha, Janeiro 2011."

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A A. C. O Facho convoca o “Concurso de contos de nenos para nenos Carlos Casares”

martes, 25 xaneiro 2011, 11:37 | Category : infantil, narrativa, premios
Tags : ,

"Recuperados em 2008 os prémios literários que desde os anos sessenta convocou O Facho e nos que participarem ou ganharem muitos dos escritores e escritoras que hoje fam possível com a sua obra umha literatura galega de qualidade e de grande importância nas letras universais, fai-se a convocatória para 2011 do "Concurso de contos de nenos para nenos Carlos Casares" e em afectuosa homenagem ao primeiro ganhador do "Certame de Literatura Infantil" no ano 1968 com a sua formosa obra "A galiña azul" que acadaria a honra de ter sido o fito fundacional da bem viçosa Literatura Infantil e Juvenil Galega contemporânea.

BASES DO CONCURSO:

1. Poderám participar rapazes e rapazas que pressentem as suas obras em Língua galega. Os trabalhos presenteados deveram ser originais e inéditos em toda a sua extensom.
2. O prazo de admissom de originais finaliza o dia 31 de Março de 2011 às doce da noite.
3. A apresentaçom de originais para o Concurso fará-se por correio postal dirigido à sede da Associaçom Cultural O FACHO. R/ Frederico Tápia, 12-1º 15005 A Corunha. Podendo fazer individualmente ou por médio do centro onde curse os seus estudos.
4. No caso em que sejam os centros escolares os que pressentem os originais ao Concurso, deveram fazer umha pré-selecçom dum máximo de dous trabalhos por categoria, qualquer outro terá que ser apresentado individualmente.
5. As obras haverám de serem relatos originais e nom estarem editados por nengum procedimento impresso ou electrónico, nem terem sido premiados em qualquer outro concurso ou certame literário e em condiçons para que os seus direitos de publicaçom podam ser cedidos à Associaçom Cultural O FACHO por período de três anos contados a partir do dia do falho do júri.
6. Para além da originalidade literária, o júri valorizará a riqueza lingüística e o conhecimento gramatical reflectido nas obras.
7. Estabelecem-se duas categorias:
Categoria A Nenos e nenas de 6 a 12 anos.
Categoria B Rapazes e rapazas de 13 a 16 anos.
8. As quantias dos prémios serám as que seguem:
Categoria A
1º: 400,.- € em efectivo.
2º: 400,.- € em efectivo.
Categoria B
1º: 500,.- € em efectivo.
2º: 400,.- € em efectivo.
9. Cada autor só poderá apresentar umha obra atendo-se aos seguintes limites de extensom:
Categoria A. Um máximo de cinco fólios.
Categoria B. Um máximo de dez fólios.
10. As obras haverem de se apresentar por duplicado, manuscritas ou mecanografadas, encadernadas ou grampeadas e levaram por detrás do último folio os seguintes dados:
Nome e apelidos do autor/a.
Endereço e telefone. Correio electrónico.
Centro onde cursa os seus estudos.
Categoria na que participa.
11. Os prémios serám escolhidos por um júri nomeado pola Associaçom Cultural O Facho em falho que se fará público no mês de Maio.
12. O júri poderá declarar deserto um ou vários dos prémios do concurso e será o que deverá resolver aquelas situaçons que se pressentem e que nom esteiam contempladas nestas bases, assim como as dúvidas na sua interpretaçom.
13. A participaçom neste Concurso implica a aceitaçom das presentes bases.

A Corunha, 10 de Janeiro 2011."

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google