O 2 e 3 de abril celebrarase Achegarte 2011 no Palexco

luns, 28 febreiro 2011, 12:35 | Category : achegarte, anuncios oficiais
Tags : ,

O sábado Achegarte logo2 e o domingo 3 de abril celebrarase ACHEGARTE 2011 no Palexco.

- ACHEGARTE 2011 para gozar coa cultura que facemos: contemporánea, moderna, atractiva, chea de vitalidade, que nos fai sentir que somos unha potencia, que somos un país con moito talento. Será unha festa coral feita co entusiasmo e o traballo de moitas persoas, compañías, grupos...
- ACHEGARTE 2011 será o espazo para mimar a cultura galega, para visibilizala, para gozar das súas variadas manifestacións.
- ACHEGARTE 2011 é sobre todo un espazo aberto a todo público -aínda que preferentemente a público familiar- para dar a coñecer a cultura que facemos no noso país en todos os ámbitos: a literatura, a música galega nos seus distintos estilos, a danza, o teatro, a ilustración, a maxia, o audiovisual ou as novas tecnoloxías.

As liñas estratéxicas marcadas son:
• Maior protagonismo ao ámbito da creación e dos creadores.
• Incorporación da cultura de base, a cultura amadora e a sociocultura.
• Contribución á difusión e visibilidade dos produtos culturais galegos.
• Procura da conexión cos cidadáns e públicos.

Para desenvolvelas levaranse a cabo tres ámbitos de actuación: CREADORES, CULTURA DE BASE e CIDADANÍA, coas seguintes liñas de traballo:
DIFUNDIR produtos culturais, dar a coñecer ideas, iniciativas e proxectos de interese, axudar a visibilizar os nosos creadores.
CONECTAR experiencias, interrelacionar artistas e proxectos, relacionar creadores e públicos.
DEBATER sobre a realidade actual e os camiños de futuro da cultura galega, obter conclusións dos debates e poñelas de manifesto.

Deixamos xa a disposición de todas e todos o dossier de ACHEGARTE 2011: Achegarte 2011.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Biblioteca da Sagrada Familia: contacontos do “Club dos sete medos”

luns, 28 febreiro 2011, 8:37 | Category : bibliotecas
Tags : ,

Martes 1
Biblioteca Municipal da Sagrada Familia (Rúa Antonio Pereira, 1-3)
19:30
Entrada con convite a recoller na propia Biblioteca ou chamando ao 981-184392.

"Devólveme o meu brazo", contacontos do "Club dos sete medos": sesións quincenais de contos de misterio para mozos e mozas a partir de 11 anos que poderán gozar de historias universais de misterio recollidas por grandes escritores e de lendas locais coñecidas en Galicia.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía: concerto do “Conxunto Instrumental Século XX”, organizado pola Sociedad Filarmónica

Martes 1
Teatro Rosalía de Castro
20:00
Entradas: 10 euros (menores de 25 anos, 3 euros).

Concerto do "Conxunto Instrumental Século XX", que dirixe o violinista Florian Vlashi, e cuxos compoñentes pertencen á Orquestra Sinfónica de Galicia, cun programa composto por obras de Arnold Schönberg, Anton Webern e György Ligeti.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentada a páxina web oficial de Lois Pereiro

luns, 28 febreiro 2011, 8:30 | Category : internet, lingua
Tags : ,

LoisPereiro.blogaliza.org é a páxina web oficial de Lois Pereiro, que "pretende servir de plataforma de difusión das publicacións e actos que se están a celebrar sobre o poeta monfortino ao que este ano se dedica o Día das Letras Galegas, e tamén un lugar de encontro para todos aqueles queiran afondar na traxectoria do autor. A web non soamente recolle con detalle as noticias xeradas arredor do poeta, senón que ofrece unha serie de contidos sobre a súa figura, tanto literarios como gráficos e audiovisuais (poemas, fotos e gravacións de audio e vídeo), boa parte deles de utilización libre para usos non lucrativos. Igualmente, permite subir os contidos elaborados aproveitando ese material libre, para poder ser logo descargados e difundidos. Tamén inclúe un calendario dos actos que se están a organizar en todo o país, e mesmo materiais que se poden empregar naquelas convocatorias pensadas para a participación da xente. Lois Pereiro está xa presente nas redes sociais. O seu grupo de Facebook conta xa con case un milleiro de seguidores, e tamén ten unha forte presenza en Twitter, onde as mensaxes sobre o poeta se agrupan co hashtag ou etiqueta #pereiro".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Normal: Comunicado de “Flu.or”

luns, 28 febreiro 2011, 8:30 | Category : comunicados
Tags : ,

Martes 1
Normal (Paseo de Ronda, 47)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Comunicado do "Colectivo Flu.or", mediante o que quere dar a coñecer a lectura que realiza sobre o momento socioeconómico actual.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Conferencia de Xabier Lago Mestre: “A cultura galega na Rexión do Bierzo”

Martes 1
Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande, 21-24)
19:30
Entrada libre até completar capacidade.

Xabier Lago Mestre falará, dentro do ciclo "Lingua, Literatura e Nación", organizado pola A. C. O Facho, sobre "A cultura galega na Rexión do Bierzo-Os procesos de resistencia lingüística estremeira".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Biblioteca do Fórum: conferencia “Mulleres galegas e ciencia”, por Iolanda Fernández Casal, en “Para saber +”

Luns 28
Biblioteca do Fórum Metropolitano
19:30
Entrada libre até completar capacidade, para público adulto.

Conferencia "Mulleres galegas e ciencia", por Iolanda Fernández Casal. Cada vez son máis as mulleres dedicadas con éxito a todos os campos da investigación e Investigadoras galegas pretende visibilizar isto a través do testemuño de cen expertas nos seus respectivos campos. Porén, os atrancos que atopan as mulleres na carreira científica seguen sendo moitos. Dentro de "Para saber +", que forma parte das actividades de "Biblioteca do Fórum: estamos de volta".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O Túnel (Coliseum): concerto de Lamatumbá e Loretta Martin

venres, 25 febreiro 2011, 11:31 | Category : concertos, música
Tags : , , ,

Venres 25
Sala O Túnel (Coliseum)
22:30
Entradas: 8 e 10 euros (Venta na Billeteira da Praza de Ourense (de luns a venres de 09:30 a 13:00 e de 16:30 a 19:30 h.; na billeteira do Coliseum-O Túnel desde dúas horas antes do concerto, na tenda de discos Portobello e en Servinova).

Concerto de Loretta Martin (ás 22:30 h.) e de Lamatumbá (ás 23:25 h.). Lamatumbá, que presenta neste concerto o seu novo disco, "A órbita da banda hipnótica", ten gañado o seu espazo como un dos principais expoñentes da música feita desde Galiza grazas sobre calquera outra cousa ao seu impresionante directo. Ninguén entende a festa dun xeito tan total, absoluto e salvaxe como esta banda galega. Festa total enriba do escenario, e festa absoluta abaixo do escenario. Con nove membros a bordo, cada un do seu pai de da súa nai, o aroma mestizo é inevitable. Do reggae ao punk, do ska á cumbia, do rock á verbena. Estarán precedidos por outra banda de luxo, Loretta Martin.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Estrea de “Pequenas superficies”, de Olaia Sendón

Venres convite25
Mercado de San Agustín (Rúa Pío XII)
21:00
Entrada libre até completar capacidade.

Estrea de "Pequenas superficies", un proxecto artístico de Olaia Sendón que contará coa colaboración de Gustavo Pernas, Silvia Penide e Michal Kamac, e que parte de dunha experiencia que tivo lugar no verán do 2009. Cansos de ver como moitas das tiendas referenciais das "de toda a vida" estaban pechando na Coruña adicámonos, durante 2 meses, a percorrer máis de 80 tendas aínda abertas, tendas tradicionais, de barrio. En cada unha das cales mercábamos un ou varios obxetos que nos chamaban a atención. Fixemos un mapa no que fomos sinalando cada unha das tendas traballadas. Iamos sen presa e en cada unha das tendas visitadas rexistrábamos un mínimo de 20 minutos. Interesaba ter unha historia que contar de cada unha delas. As compras deviñan en conversas que moitas veces incluían aos clientes que por alí pasaban. Cada unha das compras quedaba rexistrada non só a nivel de audio senón tamén na descripción do produto e o prezo. A experiencia ficaba reflectida nos brutos de video que rexistrábamos e nese obxecto que mercábamos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fórum Metropolitano: Mostra de Teatro Independente 2011

Do Mostra de Teatroluns 28 de febreiro ao venres 4 de marzo
Fórum Metropolitano
Todos os días ás 20:30 h.
Entradas das representacións: 4 euros (maiores de 65 anos, carné xove e desempregados, 2 euros).

A Mostra de Teatro Independente 2011 ten o seguinte programa:
Luns 28. Charla coloquio: "O teatro escolar". Entrada libre até completar capacidade.
Martes 1. Teatro Azar: "La doctora Jekyll y la señora Hyde".
Mércores 2. Noite Bohemia: "Electra".
Xoves 3. Grupo de Teatro Artestudio: "Inshallah".
Venres 4. Teatro Parrocha: "Miles Gloriosus".

Actualmente, en Galicia, as limitacións na docencia teatral vense minimizadas polo persistente labor do noso teatro independente, do que se nutre cada vez máis o teatro profesional para confeccionar os seus elencos. Ademais cobre en grande medida a demanda teatral pola imposibilidade de moitos concellos e asociacións de contrataren teatro profesional e é en moitos casos o único espazo no que os novos dramaturgos poden ver os seus textos sobre as táboas dun escenario. Por estas e outras razóns cremos necesaria a creación de foros onde se poidan expoñer os traballos dos nosos grupos independentes, que, ao non estaren vinculadas a asociacións ou institucións públicas, son capaces de xeraren os seus propios recursos co seu traballo e polo tanto teñen total liberdade para realizar as suas montaxes teatrais. Neste ámbito alternativo a cidade da Coruña sempre foi un referente coa mostra paralela á de Ribadavia, con grupos como "Tespis" e "Teatro Circo", que desenvolveron un importante labor no teatro galego nunha época conflictiva para este medio. Esta Mostra está organizada pola "Asociación Cultural A Bufarda",  que busca respaldar a dramaturxia propia creando novos espazos onde os artistas galegos poidan mostrar os seus traballos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Actividades da fin de semana no Festival Espazos que danzan

Sábado Espazos que danzan26
- Fórum Metropolitano
* 17:00 h. Mesa redonda de Gonçalo Guerreiro e Amelia Coppel: "Formación de Sicodanza en Galicia. A terapia e a cura a través do corpo". Prezo: gratuíto.
* 20:30 h. "Míranos", pola Compañía Integración 5s (Galicia, Venezuela e Holanda) Danza-teatro. Prezo polos dous espectáculos: 3 euros. Duración: 30 minutos.
* 21:30 h. "Luz no buraco", por Alexis Fernández e Carlota Pérez (Galicia/Madrid). Prezo polos dous espectáculos: 3 euros. Duración: 40 minutos.

Sábado 26 e Domingo 27 de febreiro.
- Expocoruña.
* De 10:00 a 15:00 h. "Clases técnicas e obradoiro de danza contemporánea e contacto improvisado", por Leo Rodríguez. Prezo: 50 euros.

O programa completo pódese consultar aquí: Espazos que danzan 2011.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fórum Metropolitano: “Encontros”, da Compañía Lusco e Fusco

Domingo 27
Fórum Metropolitano
19:00
Entradas: 7 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados: 5 euros).

Danza, acrobacia, equilibrios, manipulación de obxectos e xogos malabares están ao servizo da historia que xorde do encontro de dúas persoas que se coñecen, séntanse e volven camiñar xuntos de novo. Pola Compañía Lusco e Fusco, con Pablo Reboleiro e Alfredo Pérez, baixo a dirección de Pablo Sánchez.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Palacio da Ópera: Festiclass, concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia

Sábado 26
Palacio da Ópera
20:30
Entradas: 9’30, 14’70, 18’50 e 27’20 euros.

Dentro dos concertos de Festiclass, a Orquestra Sinfónica de Galicia ofrece un programa composto pola a obra de 1933 "Gli uccelli (Os paxaros)", do tamén italiano Ottorino Respighi, compositor, director de orquestra e musicólogo finado en 1936; e a "Sinfonía fantástica, op. 14", do francés Hector Berlioz, escrita en 1830. De novo o italiano Carlo Rizzi será o encargado de dirixir esta proposta concertística.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía: “El caballero de Olmedo”, no ciclo Principal

venres, 25 febreiro 2011, 11:04 | Category : teatro
Tags : , , ,

Sábado 26 e Domingo 27
Teatro Rosalía de Castro
20:30
Entradas: 8, 10, 13 e 17 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados, -20 %).

Dentro do "Ciclo Principal", representación de "El caballero de Olmedo" (de Lope de Vega, adaptado por Fernando Urdiales), polo Teatro Corsario. Unha versión personalísima na que Urdiales mestura nesta traxicomedia elementos de Sófocles, a Celestina e García Lorca. Urdiales dixo cando presentou a montaxe que "'El caballero de Olmedo' é unha das obras máis importantes do Século de Ouro, que se inscribe dentro da traxicomedia, xénero genuinamente español", aínda que a maioría das representacións inciden no lado cómico, o peso específico da obra reside fundamentalmente na traxedia, inspirada en clásicos gregos como Sófocles. Tamén son claves os personaxes arquetípicos, como a Celestina; aos que Urdiales suma a inspiración que García Lorca achou en "El caballero de Olmedo" para escribir as súas "Bodas de sangre". Con: Borja Zamorano, Rosa Manzano, Luis Miguel García, Verónica Ronda, Patricia del Amo, Rubén Pérez Delgado, Borja Gutiérrez-Semprún, Julio Lázaro e Jesús Pena, baixo a dirección de Fernando Urdiales.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O Túnel (Coliseum): concerto de Kase.O Jazz Magnetism

venres, 25 febreiro 2011, 11:04 | Category : concertos, música
Tags : , ,

Sábado 26
Sala O Túnel (Coliseum)
22:30
Entradas: 16 euros en venda anticipada (19 euros o día do concerto).

Tras o parón de "Violadores del Verso", varios dos seus compoñentes inician aventuras en solitario. Cantas oportunidades existen para ver ao que, probablemente é o mellor MC do estado, acompañado dunha banda de jazz en perfecta comuñón: "Kase.O Jazz Magnetism".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google