Merendas con contos nas Bibliotecas Municipais: “Voces privilexiadas”
"Merendas
con contos" é unha actividade destinada a nenos e nenas de 3 a 7 anos acompañados dos seus pais ou coidadores. Recolle o convite dende o sábado anterior á realización da actividade. Os contos sobre os que xira a actividade desta semana ("Voces privilexiadas") son: "El gallo Jacinto" de Ricardo Alcántara, "Inés do revés" de Anita Jeram e "O gato lambón" de Patacrúa, e serán interpretados pola Compañía do Trinke Trinke.
As datas das sesións e para retirar os convites son:
Sábado 5 ás 18:30 h. Biblioteca Infantil e Xuvenil (rúa Durán Loriga, 10). Convites desde o sábado 29 de xaneiro.
Martes 8 ás 17:30 e 19:00 h. Biblioteca Municipal da Sagrada Familia (Antonio Pereira, 1). Convites desde o sábado 5.
Mércores 9 ás 18:30 h. Biblioteca Municipal de Monte Alto (Praza dos Avós, s/n, 3º). Convites desde o sábado 5.
Xoves 10 ás 18:30 h. Biblioteca Municipal do Castrillón (Praza de Pablo Iglesias, s/n). Convites desde o sábado 5.
Venres 11 ás 18:30 h. Biblioteca Municipal dos Rosales (Praza Elíptica, 1). Convites desde o sábado 5.
Sábado 12 ás 18:30 h. Biblioteca Municipal do Fórum Metropolitano (Río Monelos, 1). Convites desde o luns 7.














