Biblioteca do Fórum: “Moita poesía, pouca diversión”, con Lucía Aldao e María Lado

Martes Moita poesia pouca diversión8
Biblioteca do Fórum Metropolitano
19:30
Entrada libre até completar capacidade.

Espectáculo poético-musical de Lucía Aldao e María Lado: "Moita poesía, pouca diversión", dentro de "En feminino", que forma parte das actividades de "Biblioteca do Fórum: estamos de volta". "Moita poesía, pouca diversión" é unha peza híbrida e pouco convencional na que mesturan poesía desenfadada, música e performance, que pretende chamar a atención daqueles que miran a poesía de reollo. Para iso sérvense da provocación, que só encerra unha verdade: para elas a lectura de poesía non pode ser algo que adormeza ao espectador. Partindo deste presuposto, presentan un recital de poesía ameno, dotado de ritmo e comunicación aberta co espectador, no que este adquire ademais un papel activo. Durante o recital hai música en directo, xogos, historias que rodean os poemas, momentos de reflexión... pero sobre hai comunicación poética pura e verdadeira. Os textos que compoñen o recital son poemas propios, creados polas dúas poetas, algúns inéditos e outros recollidos en libros ou revistas. A música, parte substancial do espectáculo, pona a guitarra e a impresionante voz de Lucía.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path