Fórum: “Rosalía, a pulga que escribía”, de Galitoon, no ciclo Todo Público
Sábado
19
Fórum Metropolitano
19:00
Entradas: 5 euros (abono familiar de 3 entradas por 12 euros).
Prosegue o Ciclo Todo Público 2010-2011 coa obra "Rosalía, a pulga que escribía", da Compañía Galitoon, dirixida a un público maior de 4 anos, cunha duración de 50 minutos. A pulga Rosalía escribe unha carta cada día. Métea nun sobre, ponlle un selo e mándaa por correo. Bruno, o canguro, un carteiro moi especial, encárgase en persoa de levala ao seu destinatario, e de lela... Manipulación: Raquel Queizas e Óscar Ferreira. Dirección: Santiago Alonso, Andrea Bayer e Luis Miguel Rodríguez.














