Entroido 2011
Este é
o programa do Entroido 2011, que este ano está composto por:
- Venres, 25 de febreiro.
10.00 h. El Corte Inglés. XI CONCURSO "ENTROIDO CON ORELLA". Organizan: Radio Voz – El Corte Inglés.
- Domingo, 27 de febreiro.
19.00 h. Palacio da Ópera. CONCURSO DE COMPARSAS (letra e música). Con Xosé Touriñán e o grupo O DISPOSITIVO.
- Venres, 4 de marzo.
21.00 h. Cantón Grande. ENTRONIZACIÓN DO MOMO. Coa presenza de todas as comparsas inscritas nos concursos do Entroido e a animación de Oswaldo Digón e as charangas Ruada e Os Galácticos. Quedará instalado no seu trono, ata o día 7 que pasará para a Praza de España.
23.00 h. Rúa Arenal. VELORIO DA SARDIÑA. Todos os días ata o 9 de marzo en Café Bar Pardillo, de 23.00 a 01.30 h.
- Sábado, 5 de marzo.
17.00 h. Praza de Mina a praza de María Pita. GRAN CABALGATA DE ENTROIDO: CONCURSO DE CARROZAS e CONCURSO DE COMPARSAS.
19.00 h. Praza de María Pita. ENTREGA DE PREMIOS DA CABALGATA coa actuación de Oswaldo Digón, Ramiro Neira e Orquestra Los Trovadores.
- Domingo, 6 de marzo
13.30 h. Paseo Marítimo Orzán. Ofrenda floral a "NITO".
19.00 h. Teatro Rosalía Castro. COMPAÑÍA DE APROPÓSITOS NITO: EN-CAIXA OU NON EN-CAIXA?, de Antón de Santiago. Entradas: 6.00 e 10.00 € (carné xove, + 65 anos e desempregados: - 20%).
- Luns, 7 de marzo.
09.00 h. Palacio da Ópera. XXV CONCURSO DA FILLOA. Recepción de filloas de 9.30 a 10.15 h. Organizan: Radio Voz - Gadis.
17.00 h. Avenida de Rubine. RUBINE STREET DE ENTROIDO. Degustación de filloas e orellas e actividades de animación promovidas por locais de hostalería da zona.
20.30 h. Teatro Rosalía Castro. COMPAÑÍA DE APROPÓSITOS NITO: EN-CAIXA OU NON EN-CAIXA?, de Antón de Santiago. Entradas: 6.00 e 10.00 € (carné xove, + 65 anos e desempregados: - 20%).
- Martes, 8 de marzo.
12.00 a 14.00 h. Praza de España. FESTA INFANTIL CON HINCHABLES.
13.00 h. Ofrenda floral a "CANZOBRE".
13.30 h. Ofrenda floral a "CÉSAR SANJOSÉ".
16.00 h. Praza de España. CONCURSO INFANTIL DE DISFRACES. Inscricións: no propio lugar da actividade dende as 16.00 h.
17.30 h. Praza de España. CONCURSO INFANTIL DE CHOQUEIROS. Categorías: INDIVIDUAL e GRUPO. Inscricións: no propio lugar da actividade dende as 16.00 h.
20.00 h. Rúa da Torre. FESTA CHOQUEIRA MEMORIAL CÉSAR SANJOSÉ. Categorías: INDIVIDUAL e GRUPO.
Inscricións: no propio lugar da actividade dende unha hora antes.
21.00 h. Rúa da Torre. LA BANDA DEL CAMIÓN.
- Mércores, 9 de marzo.
21.30 h. Praia de San Amaro. ENTERRO DA SARDIÑA E QUEIMA DO MOMO. Ás 20.30 h dirase o último responso pola Sardiña na rúa Arenal e a continuación sairá a comitiva. Itinerario: Avenida de Hércules e rúa da Torre ata a praza de España onde se incorporará o Momo para retomar o camiño pola rúa da Torre ata a praia de San Amaro. A continuación haberá unha sesión pirotécnica.
- Sábado, 12 de marzo.
12.00 e 17.30 h. Praza Elíptica – Los Rosales. ENTROIDO PEQUENO. Con desfile de carrozas e comparsas dentro Mercado Ecolóxico "Mercanatura" que se inicia ás 10.30 h.














