Estrea de “Pequenas superficies”, de Olaia Sendón

Venres convite25
Mercado de San Agustín (Rúa Pío XII)
21:00
Entrada libre até completar capacidade.

Estrea de "Pequenas superficies", un proxecto artístico de Olaia Sendón que contará coa colaboración de Gustavo Pernas, Silvia Penide e Michal Kamac, e que parte de dunha experiencia que tivo lugar no verán do 2009. Cansos de ver como moitas das tiendas referenciais das "de toda a vida" estaban pechando na Coruña adicámonos, durante 2 meses, a percorrer máis de 80 tendas aínda abertas, tendas tradicionais, de barrio. En cada unha das cales mercábamos un ou varios obxetos que nos chamaban a atención. Fixemos un mapa no que fomos sinalando cada unha das tendas traballadas. Iamos sen presa e en cada unha das tendas visitadas rexistrábamos un mínimo de 20 minutos. Interesaba ter unha historia que contar de cada unha delas. As compras deviñan en conversas que moitas veces incluían aos clientes que por alí pasaban. Cada unha das compras quedaba rexistrada non só a nivel de audio senón tamén na descripción do produto e o prezo. A experiencia ficaba reflectida nos brutos de video que rexistrábamos e nese obxecto que mercábamos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path