Fórum Metropolitano: Mostra de Teatro Independente 2011

Do Mostra de Teatroluns 28 de febreiro ao venres 4 de marzo
Fórum Metropolitano
Todos os días ás 20:30 h.
Entradas das representacións: 4 euros (maiores de 65 anos, carné xove e desempregados, 2 euros).

A Mostra de Teatro Independente 2011 ten o seguinte programa:
Luns 28. Charla coloquio: "O teatro escolar". Entrada libre até completar capacidade.
Martes 1. Teatro Azar: "La doctora Jekyll y la señora Hyde".
Mércores 2. Noite Bohemia: "Electra".
Xoves 3. Grupo de Teatro Artestudio: "Inshallah".
Venres 4. Teatro Parrocha: "Miles Gloriosus".

Actualmente, en Galicia, as limitacións na docencia teatral vense minimizadas polo persistente labor do noso teatro independente, do que se nutre cada vez máis o teatro profesional para confeccionar os seus elencos. Ademais cobre en grande medida a demanda teatral pola imposibilidade de moitos concellos e asociacións de contrataren teatro profesional e é en moitos casos o único espazo no que os novos dramaturgos poden ver os seus textos sobre as táboas dun escenario. Por estas e outras razóns cremos necesaria a creación de foros onde se poidan expoñer os traballos dos nosos grupos independentes, que, ao non estaren vinculadas a asociacións ou institucións públicas, son capaces de xeraren os seus propios recursos co seu traballo e polo tanto teñen total liberdade para realizar as suas montaxes teatrais. Neste ámbito alternativo a cidade da Coruña sempre foi un referente coa mostra paralela á de Ribadavia, con grupos como "Tespis" e "Teatro Circo", que desenvolveron un importante labor no teatro galego nunha época conflictiva para este medio. Esta Mostra está organizada pola "Asociación Cultural A Bufarda",  que busca respaldar a dramaturxia propia creando novos espazos onde os artistas galegos poidan mostrar os seus traballos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path