O Túnel (Coliseum): concerto de Lamatumbá e Loretta Martin
Venres
25
Sala O Túnel (Coliseum)
22:30
Entradas: 8 e 10 euros (Venta na Billeteira da Praza de Ourense (de luns a venres de 09:30 a 13:00 e de 16:30 a 19:30 h.; na billeteira do Coliseum-O Túnel desde dúas horas antes do concerto, na tenda de discos Portobello e en Servinova).
Concerto de Loretta Martin (ás 22:30 h.) e de Lamatumbá (ás 23:25 h.). Lamatumbá, que presenta neste concerto o seu novo disco, "A órbita da banda hipnótica", ten gañado o seu espazo como un dos principais expoñentes da música feita desde Galiza grazas sobre calquera outra cousa ao seu impresionante directo. Ninguén entende a festa dun xeito tan total, absoluto e salvaxe como esta banda galega. Festa total enriba do escenario, e festa absoluta abaixo do escenario. Con nove membros a bordo, cada un do seu pai de da súa nai, o aroma mestizo é inevitable. Do reggae ao punk, do ska á cumbia, do rock á verbena. Estarán precedidos por outra banda de luxo, Loretta Martin.














