Teatro Rosalía: “El caballero de Olmedo”, no ciclo Principal

venres, 25 febreiro 2011, 11:04 | Category : teatro
Tags : , , ,

Sábado 26 e Domingo 27
Teatro Rosalía de Castro
20:30
Entradas: 8, 10, 13 e 17 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados, -20 %).

Dentro do "Ciclo Principal", representación de "El caballero de Olmedo" (de Lope de Vega, adaptado por Fernando Urdiales), polo Teatro Corsario. Unha versión personalísima na que Urdiales mestura nesta traxicomedia elementos de Sófocles, a Celestina e García Lorca. Urdiales dixo cando presentou a montaxe que "'El caballero de Olmedo' é unha das obras máis importantes do Século de Ouro, que se inscribe dentro da traxicomedia, xénero genuinamente español", aínda que a maioría das representacións inciden no lado cómico, o peso específico da obra reside fundamentalmente na traxedia, inspirada en clásicos gregos como Sófocles. Tamén son claves os personaxes arquetípicos, como a Celestina; aos que Urdiales suma a inspiración que García Lorca achou en "El caballero de Olmedo" para escribir as súas "Bodas de sangre". Con: Borja Zamorano, Rosa Manzano, Luis Miguel García, Verónica Ronda, Patricia del Amo, Rubén Pérez Delgado, Borja Gutiérrez-Semprún, Julio Lázaro e Jesús Pena, baixo a dirección de Fernando Urdiales.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path