MACUF: proxección de “Jack, rei do Amazonas”, no Ciclo “13 pelis para as/os peques”

Sábado 26
MACUF (Avenida de Arteixo, 171)
18:00
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro do Ciclo "13 pelis para as/os peques", organizado pola Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística, proxección de "Jack, rei do Amazonas".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

CGAI: “Los días blancos”, de José Manuel Mouriño

venres, 25 febreiro 2011, 11:02 | Category : cinema
Tags : , ,

Sábado 26
CGAI (Durán Loriga 10)
18:00
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro do Ciclo "Off Galicia", proxección de "Los días blancos. Apuntes sobre el rodaje de 'Nostalghia', de Andrei Tarkovski" (2010, 60 minutos). Dirección, guión e fotografía: José Manuel Mouriño. Pese a ser un dos filmes menos estudados e reivindicados da filmografía de Andrei Tarkovski, a súa primeira película rodada no estranxeiro, "Nostalghia", condensa moitos dos principais argumentos que caracterizan toda a obra do xenial cineasta soviético. Segundo o seu autor, "o presente traballo pretende recuperar a verdadeira importancia daquela película a través dunha serie de pequenos apuntamentos: certas imaxes fundamentais (moitas inéditas), o relato dalgúns dos principais protagonistas daquela rodaxe ou o retorno aos lugares orixinais referidos na película, tanto en Italia (localizacións de rodaxe) como en Rusia". Narración de Patricia Blanco, música de Bach e intervencións do guionista Tonino Guerra e o propio fillo de Andrei Tarkovski. Presentación a cargo do seu autor.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Bebecontos, con Charo Pita, na Biblioteca González Garcés

Sábado 26
Biblioteca Miguel González Garcés (Rúa Miguel Glez. Garcés, s/n.)
11:30
Entrada con convite, a recoller na Biblioteca desde o sábado 19.

Dentro da programación infantil da Biblioteca, "Bebecontos: Fábulas no berce", con Charo Pita, para bebés de 0 a 3 anos coa súa familia.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Os contos da avoa”, na Libraría Endo

venres, 25 febreiro 2011, 11:00 | Category : infantil
Tags : , ,

Sábado Grisela226
Libraría Endo (Rúa Entrepeñas, 41, baixo)
11:30
Entrada libre até completar capacidade.

Comeza a primeira actividade adicada a nenos e nenas, "Os contos da avoa", na que unha avoa fará de contacontontos e ensinará aos rapaces e rapazas unha maneira moi divertida de aprender lendo e escoitando contos. O primeiro conto que a avoa lles descubrirá aos máis pequenos será "Grisela". Esta historia editada por Kalandraka ensinaralles que se pode ser moi feliz aceptándose tal e coma un é. Iso e o que lle pasa a Grisela a ratiña protagonista do conto. Rematarase este primeiro contacontos cunha canción sorpresa dun libro especial.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Kiosko Alfonso: Lectura pública da obra de Rosalía

Xoves 24
Kiosko Alfonso
19:00
Entrada libre até completar capacidade.

O xoves 24 de febreiro, Día de Rosalía, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organiza unha Lectura simultánea de textos rosalianos en varias cidades e vilas do país. O acto está aberto á participación de toda a cidadanía, ainda que, para eventuais repeticións, recomendamos que envíen un correo electrónico a  oficina at aelg.org indicando que poema da autora se quere recitar.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fórum Metropolitano: actuacións no Festival Espazos que danzan

Venres Espazos que danzan25
Fórum Metropolitano
20:30
Entradas: 3 euros.

Dentro do Festival Espazos que danzan 2011, terán lugar as seguintes actuacións:
- 20:30 h. "Métanse nos seus asuntos", por Nuria Sotelo (Galicia). Danza-teatro.
- 21:00 h. "Espazos improvisados", por Aranzazu López e Liba (Cataluña). Música e danza.
- 21:45 h. "Cierzo", por Leo Rodríguez (Cuba). Danza contemporánea.

O programa completo pódese consultar aquí: Espazos que danzan 2011.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Festival Espazos que danzan 2011

xoves, 24 febreiro 2011, 12:05 | Category : danza, mesas redondas, obradoiros
Tags :

O Espazos que danzan3º Festival Internacional de Danza, Espazos que danzan, celébrase conxuntamente na Coruña e en Vigo do 24 ao 27 de febreiro, e os 11, 12, 13 e 19 de marzo.
O programa, que se pode descargar aquí: Espazos que danzan 2011, está composto por:

- Xoves 24 de febreiro.
Verbum. Vigo.
* 20:00 h. "Luz no buraco", por Alexis Fernández e Carlota Pérez. Entrada gratuíta.

- Venres 25 de febreiro.
Fórum Metropolitano. A Coruña.
* 20:30 h. "Métanse nos seus asuntos", por Nuria Sotelo. Entrada conxunta polos tres espectáculos: 3 euros.
* 21:00 h. "Espazos improvisados", por Aranzazu López. Entrada conxunta polos tres espectáculos: 3 euros.
* 21:45 h. "Cierzo", por Leo Rodríguez. Entrada conxunta polos tres espectáculos: 3 euros.

- Sábado 26 de febreiro.
Forum Metropolitano. A Coruña.
* 17:00 h. Mesa redonda de Gonçalo Guerreiro e Amelia Coppel: "Formación de Sicodanza en Galicia, La terapia y la cura a través del cuerpo". Prezo: gratuíto.
* 20:30 h. "Míranos", pola Compañía Integración 5s. Danza-teatro. Prezo polos dous espectáculos: 3 euros.
* 21:30 h. "Luz no buraco", por Alexis Fernández e Carlota Pérez. Prezo polos dous espectáculos: 3 euros.

- Sábado 26 e Domingo 27 de febreiro.
Expocoruña. A Coruña.
* De 10:00 a 15:00 h. "Clases técnicas e obradoiro de danza contemporánea e contacto improvisado", por Leo Rodríguez. Prezo: 50 euros.

Actividades paralelas do 25 e 26 de febreiro. Transformarte
Forum Metropolitano. A Coruña.
* De 11:00 a 13:00 h. Obra de danza contemporánea e teatro físico para rapaces entre 6 e 12 anos. Tratando a temática das mans como recurso expresivo universal e diferenciador das distintas culturas do mundo. Para participar neste obradoiro, inscribirse na secretaría do Forum Metropolitano. Para información chamar ao 663301765.

- Sábado 12 de marzo.
- Domus. A Coruña.
* 20:00 h. "Mostra Obradoiro", por Leo Rodríguez. Prezo: gratuíto.
* 20:30 h. Natalia Jiménez, danza contemporánea e teatro. Prezo: gratuíto.
* 21:30 h. "Mostra de traballos: dúos e sós", do Centro Coreográfico Galego. Prezo: gratuíto.

- Sábado 12 e Domingo 13 de marzo.
Expocoruña. A Coruña.
* De 10:00 a 15:00 h. Clases técnicas e obradoiro de danza, dirixido a bailaríns e actores de teatro físico. Imparte a bailarina e coreógrafa Natalia Jiménez. De 10:00 a 12:00 h. clase técnica e de 12:00 a 15:00 h. obradoiro. Información e reservas en:  experimentadanza at yahoo.es e o teléfono 663301765. Máximo: 20 persoas. Prezo: 50 euros.

- Sábado 19 de marzo.
Expocoruña. A Coruña.
* 20:30 h. "Incomodidade", por Pablo Reboleiro. Danza-circo. Prezo: gratuíto.
* 21:00 h. "Cabaret", por Uxía Vázquez. Prezo: gratuíto.
* 21:30 h. "Nin príncipe nin hostias", por Carolina Fernández. Danza-teatro. Prezo: gratuíto.

Actividades paralelas do venres 11 e sábado 12 de marzo. Transformarte
Forum Metropolitano. A Coruña.
* De 11:00 a 13:00 h. Obra de danza contemporánea e teatro físico para rapaces entre 6 e 12 anos. Tratando a temática das mans como recurso expresivo universal e diferenciador das distintas culturas do mundo. Para participar neste obradoiro, inscribirse na secretaría do Forum Metropolitano. Para información chamar ao 663301765.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Biblioteca do Fórum: obradoiro de arrolos, co grupo Mamá Cabra

xoves, 24 febreiro 2011, 12:01 | Category : infantil, museos, obradoiros
Tags : , ,

Sábado 26
Biblioteca do Fórum Metropolitano
12:00
Entrada con convite a recoller na propia Biblioteca.

Obradoiro de arrolos co grupo Mamá Cabra, dentro das actividades de "Biblioteca do Fórum: estamos de volta".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Biblioteca do Fórum: “Obradoiro de iniciación ao Cómic”, por Luís Sendón e Álvaro López, en “De banda”

Venres Biblioteca do Forum25
Biblioteca do Fórum Metropolitano
19:30
Entrada con inscrición previa na propia Biblioteca.

"Obradoiro de iniciación ao Cómic, impartido por Luís Sendón e Álvaro López. (A partir de 12 anos), dentro do ciclo "De banda", que forma parte das actividades de "Biblioteca do Fórum: estamos de volta".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Palexco: exposición “A granxa agrícola experimental de Galicia (1888-1964)”

Do expo-granxa-agricolaxoves 24 de febreiro ao domingo 27 de marzo
Sala Municipal de Exposicións do Palexco
De luns a domingo: de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00
Entrada libre até completar capacidade.

O xoves 24 de febreiro, ás 20:30 horas, inaugúrase a exposición "A granxa agrícola experimental de Galicia (1888-1964)", promovida polos Museos Científicos Coruñeses como un recoñecemento a aquela institución pioneira. Creada en 1888 nas aforas da cidade da Coruña, a Granxa agrícola Experimental foi o primeiro centro de experimentación e difusión de novas técnicas agrícolas creado en Galicia e Asturias. A súa actividade continuou en Monelos ata 1964 e na actualidade esas tarefas desenvólvense no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo. A aplicación da ciencia ao labor agrícola permitiu importantes logros: a creación da raza rubia galega, a actividade da Estación de Fitopatoloxía, o cultivo do lúpulo, a formación de persoal e a difusión de novidades. Asemade, a Granxa formou parte da cidade da Coruña, dos seus espazos e da vida social, con iniciativas tan singulares como a "festa da árbore". Máis información neste arquivo .pdf: A Granxa Agricola Experimental de Galicia.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Palacio da Ópera: concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia, con Massimo Spadano

Venres 25
Palacio da Ópera
20:30
Entradas: 9’30, 14’70, 18’50 e 27’20 euros.

Dentro dos concertos do ciclo "Poemas en música", a Orquestra Sinfónica de Galicia ofrece un programa composto pola versión do "Concerto para violín nº 2" do compositor Gian Francesco Malipiero a cargo do violinista e director italiano Massimo Spadano (Lanciano, 1968), quen exerce desde 1994 de concertino da Orquestra; a obra de 1933 "Gli uccelli (Os paxaros)", do tamén italiano Ottorino Respighi, compositor, director de orquestra e musicólogo finado en 1936, cerrando coa "Sinfonía fantástica, op. 14", do francés Hector Berlioz, escrita en 1830. De novo o italiano Carlo Rizzi será o encargado de dirixir esta proposta concertística.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación de “Rúa da Cancela”, de Eli Ríos e Eduardo Estévez, e posterior recital poético

Xoves 24
Galería Sargadelos (Rúa Real, 56)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación de "Rúa da Cancela", de Eli Ríos e Eduardo Estévez, obra gañadora do IV Premio de poesía erótica "Illas Sisargas", e publicada pola A. C. Caldeirón. Posteriormente, terá lugar un recital de poemas dos/das autores/as gañadores/as dos consecutivos premios de poesía erótica "Illas Sisargas", coa participación de Eli Ríos, Alberte Momán, Lino Braxe, Emma Pedreira, Paco Souto e Paco de Tano.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Charla “Un libro, unha película, unha canción”, con Ánxel Vázquez de la Cruz

Xoves 24
A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

A Asociación Cultural Alexandre Bóveda prosegue o ciclo de charlas titulado "Unha película, unha canción, un libro", no que se amosarán as vivencias de distintos persoeiros desde un punto de vista totalmente separado da súa profesión, contando cales son os seus libros, películas e cancións preferidas e como incluso marcaron momentos importantes das súas vidas. Nesta ocasión falará o médico e escritor Ánxel Vázquez de la Cruz.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

CGAI: “Tartufo”, de F. W. Murnau

xoves, 24 febreiro 2011, 11:09 | Category : cinema
Tags : , ,

Venres 25
CGAI (Durán Loriga 10)
20:00
Entradas: 1,20 euros (0,60 euros con carné xove).

Dentro do Ciclo "F. W. Murnau", proxección de "Tartufo" (Alemaña, 1925, 70 minutos, V. O. S. en galego). Dirección: Friedrich Wilhelm Murnau. Un vello cabaleiro adiñeirado está cada vez máis dominado pola ambiciosa e despótica ama de chaves, que busca que desherde o neto e lle deixe a ela a súa fortuna. O intelixente neto ten un cine ambulante, que leva á casa do avó. Un día proxéctalle unha versión de Tartufo, comedia de Molière. Acompañamento musical a cargo do pianista Javier Pérez Castro.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Casa Museo Casares Quiroga: presentación do libro ““Guerra o revolución. El partido comunista de España en la Guerra Civil”

Xoves 24
Casa Museo Casares Quiroga (Rúa Panadeiras, 12)
19:30
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación do libro "Guerra o revolución. El partido comunista de España en la Guerra Civil”, de Fernando Hernández, publicado na Editorial Crítica.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google