Teatro Rosalía: “Tributo a Dire Straits”, concerto de Brothers in Band

xoves, 31 marzo 2011, 11:44 | Category : concertos, música
Tags : , ,

Sábado 1301435881743_QnJvdGhlckluQmFuZFdlYi5qcGc=_142x120_100Q2
Teatro Rosalía de Castro
21:00
Entradas: 9, 12 e 15 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados, desconto dun 20 %).

Os "Brothers in Band" son un grupo coruñés que recrea ao detalle durante máis de dúas horas de concerto os grandes éxitos de Knopfler e a banda británica Dire Straits. Este será o terceiro concerto dunha xira que os levará a Madrid, Burgos, Bilbao, Santander, Vigo e Ourense esta primavera. A súa actuación no Teatro Rosalía gravarase en directo e editarase como DVD.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Palacio da Ópera: concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia, con obras de Prokofiev e Shostakovich

Venres 1
Palacio da Ópera
20:30
Entradas: 9’30, 14’70, 18’50 e 27’20 euros.

O mestre Jakub Hrusa dirixirá a "Sinfonía nº 1, en re maior, op. 25, Clásica", de Sergei Prokofiev (escrita en 1917, prescindindo do piano a favor da melodía e sinxeleza global da obra) e a "Sinfonía nº 8, en dó menor, op. 65", de Dmitri Shostakovich, estreada o 4 de novembro de 1943 pola Orquestra Filharmónica de Leningrado, baixo a dirección de Yevgeny Mravinsky, a quen o ruso lle dedicou a composición.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Domus: proxección de “A maleta de Sofía”, de Marcos Gallego

Venres 1
Domus (Santa Teresa, 1)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro das actividades do Día Internacional da Muller, proxección de "A maleta de Sofía", de Marcos Gallego. Organizado pola Concellaría de Igualdade e Participación.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Centro Cívico Artesanos: obradoiro “O que nunca che contaron”

Venres 1
Centro Cívico Artesanos (Rúa San Andrés, 36)
11:30
Entrada libre até completar capacidade.

Organizado pola Concellaría de Igualdade e Participación, dentro das actividades do Día Internacional da Muller, desenvolverase o obradoiro "O que nunca che contaron: contos vellos, novos finais".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Biblioteca González Garcés: inauguración da exposición “Querido Balbino”, sobre a obra de Xosé Neira Vilas

Venres 1
Biblioteca González Garcés
11:00
Entrada libre até completar capacidade.

Inauguración da exposición de cubertas arredor das distintas edicións en diferentes linguas de "Memorias dun neno labrego", "Querido Balbino", organizada pola Dirección Xeral do Libro. No acto, Gálix entregará ao escritor Xosé Neira Vilas o título que o acredita como Socio de Honra da asociación.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

CGAI: “Bicicleta, cullera, poma (Bicicleta, culler, mazá)”, de Carles Bosch

xoves, 31 marzo 2011, 11:37 | Category : cinema
Tags : , ,

Venres 1
18:00 e 20:45
CGAI (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
Entrada: 1,20 euros (carné xove: 0,60 euros).

No ciclo "Fóra de serie", proxección de "Bicicleta, cullera poma (Bicicleta, culler, mazá" (España, 2010, 106 minutos, V. O. S. en castelán). Dirección e guión: Carles Bosch. Outono de 2007. Pasqual Maragall, coñecido político socialista, recibe un duro diagnóstico: ten a enfermidade de Alzheimer. El e a súa familia comezan unha cruzada. Con intelixencia, sinceridade e bo humor, Maragall déixase retratar xunto á súa familia e os médicos para deixar constancia cotiá desa pelexa persoal. Dous anos de seguimento a un paciente excepcional disposto a que os científicos atopen a cura antes de que a cifra de 26 millóns de doentes no mundo se multiplique por dez.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Galería Sargadelos: charla de Iago Martínez sobre “Lois Pereiro: amor e resistencia”

xoves, 31 marzo 2011, 11:37 | Category : coloquios
Tags : , , ,

Venres 1
Galería Sargadelos (Rúa Real, 56)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Comeza o "Ciclo Escrita(s) 2011", que, baixo o título de "Circunvolucións", consistirá nunha serie de charlas na que se abordará a experiencia que coa(s) escrita(s) manteñen diversos autores, tratando de atravesar a partir das diferentes liñas de universo dos/das conferenciantes/conferenciantas a proliferación das inscricións que fan con nós comunidade. As charlas desenvolveranse todos os venres ás 20:00 h., entre o 1 de abril e o 10 de xuño, salvo o mércores 27 de abril. (Aquí deixamos o programa completo: Ciclo Escritas 2011 Sargadelos). Nesta primeira charla, Iago Martínez falará sobre "Lois Pereiro: amor e resistencia": "Modesta proposición para ler politicamente a Lois Pereiro. Porque a morte era o enésimo disfraz do poder. Porque escribir era un incendio. Porque as vítimas eran as vítimas de sempre. Porque había que loitar polo evidente. Porque vida e obra eran as armas para tomar as selvas lacandonas do que nos foi prohibido."

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Portas Ártabras: exposición de pintura “A música na arte”

xoves, 31 marzo 2011, 11:36 | Category : exposicións, pintura
Tags : ,

Do invitacin_a msica na arte venres 1 ao sábado 30 de abril
Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo)
Entrada libre até completar capacidade.

Exposición de pintura "A música na arte". A inauguración terá lugar o venres 1 de abril ás 20:00 h.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Normal: “Alterando a comunicación”, dentro das Xornadas “Alterando o normal”

Venres 1
Normal (Antiga Escola de Maxisterio – Campus de Riazor)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro das Xornadas "Alterando o normal", organizadas por CUAC FM, en colaboración coa Concellaría de Cultura e coa Vicerreitoría de Cultura e comunicación da Universidade da Coruña, "Alterando a comunicación. A necesidade da creación de Redes", con Miriam Meda, coordinadora Xeral da Rede de Medios Comunitarios / Radio Getafe; Mariano Sánchez presidente de AMARC Europa / Radio Vallekas; e Mariano E. Fernández Cabarcos coordinador do "Grupo de Dereito á Comunicación da Rede de Medios Comunitarios"/ CUAC FM.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Carteleira de cinema no Fórum do 31 de marzo ao 2 de abril

mércores, 30 marzo 2011, 7:40 | Category : cinema
Tags : , , , ,

"Deliciosa Martha (Bella Martha)", de Sandra Nettelbeck (Alemaña, 2000, 109 minutos, V. O. S. en castelán), para todos os públicos, dentro do ciclo Sabores de cine, na Sala Marilyn Monroe. Martha desprega o seu talento culinario no restaurante no que traballa como chef. O seu compañeiro de cociña (Sergio Castellitto), un italiano adorable, será a súa mellor axuda emocional cando un terrible accidente poña ao seu cargo á súa sobriña de oito anos. Proxeccións: xoves 31 de marzo ás 20:15; venres 1 de abril ás 20:15 e 22:45; sábado 2 de abril ás 17:15 e 20:15. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros). Abono de 5 entradas por 12 euros. As sesións do venres ás 22:45 e a do sábado ás 17:15, 1,50 euros.

"Mauvaise foi (Mala fé)", de Roschdy Zem (Bélxica, 2006, 88 minutos, V. O. S. en castelán), N. R. M. de 12 anos, dentro do ciclo Histories de vies, na Sala Fernando Rey. Clara (Cécile de France), unha moza xudía, e Ismael (o propio director Roschdy Zem), musulmán, gozarán dunha feliz relación amorosa ata que o embarazo dela pon a proba as tradicións e crenzas de cada quen. O reto de sortear as presións sociais vese aderezado cun humor que só pode conducir ao terreo da tolerancia. Proxeccións: xoves 31 de marzo ás 20:30; venres 1 de abril ás 20:30 e 23:00; sábado 2 de abril ás 17:30 e 20:30. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros). Abono de 5 entradas por 12 euros. As sesións do venres ás 23:00 e a do sábado ás 17:30, 1,50 euros.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Ciclo “Os xoves na Sagrada”: concerto de “Os da Troula”

Xoves OsDaTroula31
Biblioteca da Sagrada Familia (R/ Antonio Pereira, 1)
19:30
Entrada libre até completar capacidade.

O ciclo "Os xoves na Sagrada" dá paso ao folk galego, co grupo "Os da Troula", un proxecto musical que comeza en xaneiro de 2010, a partir dunha xuntanza de familiares e amigos co único fin de pasar uns bos momentos. No seu repertorio intentan manter unha liña tradicional da música galega, contando con temas de composición propia. A gaita, o acordeón, o tamboril, o bombo, a pandeireta e as cunchas son as protagonistas da súa música. A súa actuación na biblioteca será o preámbulo da que terán este domingo no Achegarte de Palexco.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Normal: conferencia e presentación de “Esferobite”

mércores, 30 marzo 2011, 7:39 | Category : audiovisual, presentacións
Tags : , , , , , ,

Xoves 31
Normal (Paseo de Ronda, 47)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Nesta presentación de "Esferobite" falarán sobre o seu percorrido creativo, analizando aqueles traballos máis representativos de cada disciplina que desenolven. Tamén amosarán en detalle dúas das súas últimas producións, o videoblog "Iconoscopio.net" e o videocaderno de viaxe "Península xy", no cal empregan as últimas tecnoloxías de vídeo xeoposicionado. Para rematar, falarán da súa experiencia no Centro Pompidou-Metz. "DSK" (Belén Montero e Juan Lesta), directores, produtores e creativos da produtora audiovisual e multimedia "Esferobite" dirixiron a súa actividade cara ao videoclip, a videocreación, multimedia, instalación e vídeo en directo, recibindo diversos premios e mencións a nivel internacional. Desde 2002 imparten clases de audiovisuais en diversos centros de Barcelona.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A. C. Alexandre Bóveda: charla de Francisco Cerviño no ciclo “Unha película, unha canción, un libro”

Xoves 31
A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

A Asociación Cultural Alexandre Bóveda prosegue o ciclo de charlas titulado "Unha película, unha canción, un libro", no que se amosarán as vivencias de distintos persoeiros desde un punto de vista totalmente separado da súa profesión, contando cales son os seus libros, películas e cancións preferidas e como incluso marcaron momentos importantes das súas vidas. Nesta ocasión falará o doutor e político, Francisco Cerviño González, que falará das súas vivencias nestes campos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

CGAI: “Poetry (Poesía)”, de Lee Changdong

mércores, 30 marzo 2011, 7:38 | Category : cinema
Tags : , ,

Xoves 31
18:00 e 20:45
CGAI (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
Entrada: 1,20 euros (carné xove: 0,60 euros).

No ciclo "Fóra de serie", proxección de "Poetry (Poesía)" (Corea do Sur, 2010, 139 minutos, V. O. S. en castelán). Dirección e guión: Lee Changdong. Mija, unha muller elegante, imprevisible e chea de curiosidade, vive co seu neto adolescente nunha pequena cidade dormitorio preto do río Han. Apúntase por casualidade a un obradoiro de poesía nun centro cultural do barrio e, por vez primeira na súa vida, vese obrigada a escribir un poema. Olla a vida e, de súpeto, unha nova enerxía apodérase dela. Pero a dura realidade tamén comeza a asomar.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Centro Cívico de Labañou: proxección de curtametraxes polo Día Internacional da Muller

Xoves 31
Centro Cívico de Labañou (Perpendicular á Rúa Colombia, s/n.)
19:30
Entrada libre até completar capacidade.

Organizado pola Concellaría de Igualdade e Participación, dentro das actividades do Día Internacional da Muller, proxección das curtametraxes: "Irene a porteira", de Óscar Losada; "Pádel", de Lis Franco; e "Medina feminino de baloncesto", de Óscar Losada.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google