Exposición de Inma Doval e cea-concerto con Silvia Penide
Do
venres 11 de marzo ao xoves 14 de abril
Casa Indiana (Rúa Gambrinus, 14)
Entrada libre.
Exposición de "Pintura e gravado" de Inma Doval. A inauguración terá lugar o venres 11 de marzo ás 20:00 h., con entrada libre até completar capacidade.
O mesmo día, venres 11 de marzo, ás 22:00 h., terá lugar unha cea-concerto onde actuará Silvia Penide, presentando o seu novo traballo, "Las erres dobles". A entrada para esta cea-concerto será de 20 euros, e para asistir, pódese chamar ao 981-257681 ou enviar un correo electrónico a: reservas at casaindiana.es.














