Galería Coleccionan: exposición “Escultura: feminino, singular”
Do
venres 11 de marzo ao venres 13 de maio
Travesía do Orzán s/n.
De luns a venres: de 17:00 a 21:00 h.
Sábados: de 10:00 a 14:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.
A exposición colectiva "Escultura: feminino, singular" é unha colección de pezas escultóricas de pequeno formato realizadas todas elas por artistas femininas. É unha pequena contribución ao "Día da Muller Traballadora". A inauguración terá lugar o venres 11 de marzo ás 20:30 h.














