Fórum Metropolitano: “A maxia do silencio”, polo Mago Mimo Anyo, no Ciclo ForuMáxico
Sábado
12
Forum Metropolitano
20:30
Entradas: 4 euros (abono familiar de 3 entradas por 9 euros).
Dentro do Ciclo ForuMáxico, "A maxia do silencio", polo Mago Mimo Anyo. Espectáculo de escenario eminentemente visual no que se dan a man a "maxia" e o "mimo". A maxia xeral e a faceta de manipulación son conducidas en todo momento pola técnica mímica dando como resultado unha mestura explosiva e renovadora en ambas as artes.














