O 1 de abril remata o prazo para presentarse ao “7º Concurso de Fotografía Xurxo Lobato”

luns, 14 marzo 2011, 12:03 | Category : fotografía
Tags :

A Asociación de antigos alumnos do Instituto de Monelos, Ex Monelos, convoca o "7º Concurso de Fotografía Xurxo Lobato", coas seguintes bases, que tamén se poden descargar en formato .pdf aquí: 7º Concurso de fotografia Xurxo Lobato 2011:

"1. PARTICIPANTES
O concurso vai dirixido ao alumnado de Educación Secundaria, Bacherelato e Formación Profesional de Galicia.
2. CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS
• O tema é libre.
• As fotografías poden presentarse en branco/negro ou cor.
• Máximo de tres fotografías por participante.
• As fotografías serán en formato dixital e só se poderán enviar por correo electrónico.
• Data de entrega: antes do 1 de abril de 2011.
3. PRESENTACIÓN
Os autores deberán:
• enviar as fotografías por correo electrónico a  fotomonelos at gmail.com cos seguintes datos: nome e apelidos | DNI | idade | teléfono | enderezo | centro de estudo | curso.
• poñerlle un título a cada foto.
4. XURADO
• Estará formado por un representante da Asociación de antigos alumnos, outro do Instituto Monelos e tres profesionais ou estudosos da fotografía.
5. PREMIOS
1º premio: diploma e 300 euros.
2º premio: diploma e 200 euros.
3º premio: diploma e 100 euros.
• O xurado considerará a posibilidade de conceder algún accesit, con regalo de lotes de libros de fotografía.
6. EXPOSICIÓN
A organización do concurso poderá utilizar as fotografías seleccionadas e as premiadas para a súa difusión (exposicións, edicións, etc.).

Nota. A participación no concurso supón a aceptación das presentes bases."

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path