Fórum Metropolitano: “Gala Verbas pola Igualdade”, da A. C. Alexandre Bóveda
Xoves
17
Fórum Metropolitano
20:30
Entrada libre até completar capacidade.
Con motivo do Día Internacional das Mulleres terá lugar a celebración da "Gala Verbas pola Igualdade", organizada pola Comisión da Muller da A. C. Alexandre Bóveda. Na mesma participaran nun recitado poético Olga Patiño e Emma Pedreira, ademais da realización a cargo da actriz Lía Pichel do espectáculo "Melmeniñas". Ao comezo do acto todos os asistentes terán a oportunidade de deixar escrita unha mensaxe pola igualdade de xéneros nun panel habilitado a tal efecto e que posteriormente exporase até finais de marzo no salón de actos da A. C. Alexandre Bóveda.














