Merendas con contos nas Bibliotecas Municipais: “Fagamos teatro”
"Merendas
con contos" é unha actividade destinada a nenos e nenas de 3 a 7 anos acompañados dos seus pais ou coidadores. Recolle o convite dende o sábado anterior á realización da actividade. O conto sobre o que xira a actividade desta semana ("Fagamos teatro!") é "O galo engancha", e será interpretado pola Compañía do Trinke Trinke.
As datas das sesións e para retirar os convites son:
Sábado 19 de marzo ás 18:30 h. Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil (rúa Durán Loriga, 10). Convites desde o sábado 12.
Martes 22 ás 17:30 e 19:00 h. Biblioteca Municipal da Sagrada Familia (Antonio Pereira, 1). Convites desde o sábado 19.
Mércores 23 ás 18:30 h. Biblioteca Municipal de Monte Alto (Praza dos Avós, s/n, 3º). Convites desde o sábado 19.
Xoves 24 ás 18:30 h. Biblioteca Municipal do Castrillón (Praza de Pablo Iglesias, s/n). Convites desde o sábado 19.
Venres 25 ás 18:30 h. Biblioteca Municipal dos Rosales (Praza Elíptica, 1). Convites desde o sábado 19.
Sábado 26 ás 18:30 h. Biblioteca Municipal do Fórum Metropolitano (Río Monelos, 1). Convites desde o sábado 19.














