“Vento Lois”: anímate a ler a Lois Pereiro!!
Dentro das actividades de homenaxe homenaxe á figura de Lois Pereiro, o poeta falecido na cidade no ano 1996 e ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas 2011, o domingo 20 de marzo terá lugar o espectáculo "Vento Lois":
* 12:30-12:50 h. Pasarrúas desde a Praza de María Pita pola Rúa Rego de Auga até chegar ao Teatro Rosalía de Castro, coa actuación da Banda Municipal de Música.
* 13:00 h. Teatro Rosalía de Castro. Recital espontáneo con poetas e aberto a toda a cidadanía que queira asistir á actividade. No acto repartiranse octavillas cunha escolma que Manuel Rivas fixo de Lois Pereiro e escoitarase a palabra cantada de Manu Clavijo e outros cantautores. O mantedor do acto será Lino Braxe.
Chámase a toda a cidadanía para ler textos, que poden ser versos de Lois, versos de poetas/autores que lle gustaban a Lois ou poemas escritos para a ocasión, e darlle deste xeito a mellor das homenaxes, a voz e o recoñecemento común de todos nós. Pódese participar coa presenza física, instrumentos musicais, carteis... O Teatro Rosalía convértese, deste xeito, nunha asemblea poética onde ler, tamén desde o patio de butacas ou os palcos, poemas ou fragmentos da obra de ou sobre Lois.















