Aquarium Finisterreae: inauguración da Zona-i
Hoxe, martes 22 de marzo, Día Mundial da Auga, terá lugar no Aquarium Finisterrae, ás 19:00 horas, a inauguración da Zona-i, espazo de reflexión sobre a información científica.
A nova sala, situada na planta baixa do edificio, foi deseñada como un entorno no que os visitantes se internan para xogar, recibir información selecta, realizar actividades que teñen que ver coa actualidade científica e, sobre todo, opinar e votar sobre cuestións que afectan á súa vida cotiá. O seu deseño arquitectónico recorda á natureza e está construída e iluminada con materiais e tecnoloxías moi novidosas que lle dan un aspecto orgánico e futurista.
A Zona-i é a proposta do acuario máis relevante para 2011 e supón unha infraestructura museográfica moi innovadora e excepcional no panorama dos centros de ciencia europeos.















