Biblioteca da Sagrada Familia: “Da farándula e outras lerias”
Xoves
24
Biblioteca da Sagrada Familia (R/ Antonio Pereira, 1)
19:30
Entrada libre até completar capacidade.
A vida do teatro dá para moitos contos e anécdotas. Este será o eixo do encontro, que vai discorrer en clave de humor, cun actor, para celebrar, deste xeito, o Día Mundial do Teatro. Por razóns de "exclusividade" do actor en cuestión, non se dará a coñecer o seu nome ata o mesmo momento do encontro. Somentes coñecemos as súas iniciais, L.T., e que será entrevistado pola famosísima e mediática presentadora "Ana Oregón". Grazas a este actor poderemos saber non só dos cotilleos da farándula teatral do estado e do resto do mundo, senón tamén curiosidades históricas que explican moitos dos costumes e ditos do teatro e da arte da actuación en xeral.














