Kiosko Alfonso: “Material/memoria”, exposición de Quintana Martelo
Do
mércores 30 de marzo ao domingo 22 de maio
Kiosko Alfonso
De luns a domingo: de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.
Exposición "Material/memoria", coa obra de Manuel Quintana Martelo (Santiago, 1949). A instalación consiste nunha selección de varios centos de debuxos do artista, xunto a algún dos seus cadros máis coñecidos, instalacións e as súas últimas creacións escultóricas, que pretenden amosar en profundidade a obra deste artista. A inauguración terá lugar o martes 29 de marzo ás 20:00 h.














