A. C. Alexandre Bóveda: charla de Francisco Cerviño no ciclo “Unha película, unha canción, un libro”
Xoves
31
A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.
A Asociación Cultural Alexandre Bóveda prosegue o ciclo de charlas titulado "Unha película, unha canción, un libro", no que se amosarán as vivencias de distintos persoeiros desde un punto de vista totalmente separado da súa profesión, contando cales son os seus libros, películas e cancións preferidas e como incluso marcaron momentos importantes das súas vidas. Nesta ocasión falará o doutor e político, Francisco Cerviño González, que falará das súas vivencias nestes campos.














