Carteleira de cinema no Fórum do 31 de marzo ao 2 de abril

mércores, 30 marzo 2011, 7:40 | Category : cinema
Tags : , , , ,

"Deliciosa Martha (Bella Martha)", de Sandra Nettelbeck (Alemaña, 2000, 109 minutos, V. O. S. en castelán), para todos os públicos, dentro do ciclo Sabores de cine, na Sala Marilyn Monroe. Martha desprega o seu talento culinario no restaurante no que traballa como chef. O seu compañeiro de cociña (Sergio Castellitto), un italiano adorable, será a súa mellor axuda emocional cando un terrible accidente poña ao seu cargo á súa sobriña de oito anos. Proxeccións: xoves 31 de marzo ás 20:15; venres 1 de abril ás 20:15 e 22:45; sábado 2 de abril ás 17:15 e 20:15. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros). Abono de 5 entradas por 12 euros. As sesións do venres ás 22:45 e a do sábado ás 17:15, 1,50 euros.

"Mauvaise foi (Mala fé)", de Roschdy Zem (Bélxica, 2006, 88 minutos, V. O. S. en castelán), N. R. M. de 12 anos, dentro do ciclo Histories de vies, na Sala Fernando Rey. Clara (Cécile de France), unha moza xudía, e Ismael (o propio director Roschdy Zem), musulmán, gozarán dunha feliz relación amorosa ata que o embarazo dela pon a proba as tradicións e crenzas de cada quen. O reto de sortear as presións sociais vese aderezado cun humor que só pode conducir ao terreo da tolerancia. Proxeccións: xoves 31 de marzo ás 20:30; venres 1 de abril ás 20:30 e 23:00; sábado 2 de abril ás 17:30 e 20:30. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros). Abono de 5 entradas por 12 euros. As sesións do venres ás 23:00 e a do sábado ás 17:30, 1,50 euros.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path