Normal: conferencia e presentación de “Esferobite”

mércores, 30 marzo 2011, 7:39 | Category : audiovisual, presentacións
Tags : , , , , , ,

Xoves 31
Normal (Paseo de Ronda, 47)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Nesta presentación de "Esferobite" falarán sobre o seu percorrido creativo, analizando aqueles traballos máis representativos de cada disciplina que desenolven. Tamén amosarán en detalle dúas das súas últimas producións, o videoblog "Iconoscopio.net" e o videocaderno de viaxe "Península xy", no cal empregan as últimas tecnoloxías de vídeo xeoposicionado. Para rematar, falarán da súa experiencia no Centro Pompidou-Metz. "DSK" (Belén Montero e Juan Lesta), directores, produtores e creativos da produtora audiovisual e multimedia "Esferobite" dirixiron a súa actividade cara ao videoclip, a videocreación, multimedia, instalación e vídeo en directo, recibindo diversos premios e mencións a nivel internacional. Desde 2002 imparten clases de audiovisuais en diversos centros de Barcelona.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path