Galería Sargadelos: charla de Iago Martínez sobre “Lois Pereiro: amor e resistencia”

xoves, 31 marzo 2011, 11:37 | Category : coloquios
Tags : , , ,

Venres 1
Galería Sargadelos (Rúa Real, 56)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Comeza o "Ciclo Escrita(s) 2011", que, baixo o título de "Circunvolucións", consistirá nunha serie de charlas na que se abordará a experiencia que coa(s) escrita(s) manteñen diversos autores, tratando de atravesar a partir das diferentes liñas de universo dos/das conferenciantes/conferenciantas a proliferación das inscricións que fan con nós comunidade. As charlas desenvolveranse todos os venres ás 20:00 h., entre o 1 de abril e o 10 de xuño, salvo o mércores 27 de abril. (Aquí deixamos o programa completo: Ciclo Escritas 2011 Sargadelos). Nesta primeira charla, Iago Martínez falará sobre "Lois Pereiro: amor e resistencia": "Modesta proposición para ler politicamente a Lois Pereiro. Porque a morte era o enésimo disfraz do poder. Porque escribir era un incendio. Porque as vítimas eran as vítimas de sempre. Porque había que loitar polo evidente. Porque vida e obra eran as armas para tomar as selvas lacandonas do que nos foi prohibido."

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path