Centro Cívico dos Mallos: obradoiro “O que nunca che contaron”

Xoves 31
Centro Cívico dos Mallos (Avenida de Arteixo, 147)
18:00
Entrada libre até completar capacidade.

Organizado pola Concellaría de Igualdade e Participación, dentro das actividades do Día Internacional da Muller, desenvolverase o obradoiro "O que nunca che contaron: contos vellos, novos finais".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Kiosko Alfonso: “Material/memoria”, exposición de Quintana Martelo

martes, 29 marzo 2011, 19:00 | Category : escultura, exposicións, pintura
Tags : , ,

Do Quintana Martelomércores 30 de marzo ao domingo 22 de maio
Kiosko Alfonso
De luns a domingo: de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.

Exposición "Material/memoria", coa obra de Manuel Quintana Martelo (Santiago, 1949). A instalación consiste nunha selección de varios centos de debuxos do artista, xunto a algún dos seus cadros máis coñecidos, instalacións e as súas últimas creacións escultóricas, que pretenden amosar en profundidade a obra deste artista. A inauguración terá lugar o martes 29 de marzo ás 20:00 h.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Conferencia de Ana Paula Tavares: “Ser Escritora e Africana”, nos IV Encontros Cidade da Coruña

Mércores CARTAZ IV ENCONTRO CIDADE DA CORUÑA30
Salón de Actos da Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Primeira conferencia dos "IV Encontros Cidade da Coruña", baixo o lema "Ser Escritor, Ser Escritora", organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, co patrocinio da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña e a colaboración da Real Academia Galega. Ana Paula Tavares falará sobre "Ser Escritora e Africana".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

CGAI: “Le petit lieutenant”, de Xavier Beauvois

martes, 29 marzo 2011, 12:01 | Category : cinema
Tags : , ,

Mércores 30
18:00 e 20:45
CGAI (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
Entrada: 1,20 euros (carné xove: 0,60 euros).

No ciclo "Policial francés", proxección de "Le petit lieutenant" (Francia, 2005, 110 minutos, V. O. S. en castelán). Dirección: Xavier Beauvois. Recentemente licenciado na Academia de Policía, Antoine chega a París. A súa xefa será Caroline Vaudieu, unha muller que regresa ao servizo despois dunha baixa por tratamento de alcoholismo. Ela mesma escolle o tenente para formar parte do seu equipo na "Criminal". Antoine aprende con entusiasmo o oficio. Vaudieu encaríñase rapidamente do mozo, que ten a idade do fillo que perdeu.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Normal: “Alterando o asociacionismo”, dentro das Xornadas “Alterando o normal”

Mércores 30
Normal (Antiga Escola de Maxisterio – Campus de Riazor)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro das Xornadas "Alterando o normal", organizadas por CUAC FM, en colaboración coa Concellaría de Cultura e coa Vicerreitoría de Cultura e comunicación da Universidade da Coruña, "Alterando o asociacionismo", coa participación de Marcos Gay, voceiro de Attac; Marta Casal, voceira de Acsur Galiza, e o voceiro de Axuda en acción.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía: “Bodas de sangre”, de Federico García Lorca

Mércores 20100312121026-federico-garcia-lorca30
Teatro Rosalía de Castro
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

Representación de "Bodas de sangre", de Federico García Lorca, polo Grupo de Teatro da Casa de Castilla La Mancha.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Casa Museo Casares Quiroga: presentación de “Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939)”, de Dionísio Pereira

Martes 29
Casa Museo Casares Quiroga (Rúa Panadeiras, 12)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación do libro "Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939)", de Dionísio Pereira, publicado en Xerais. Neste acto participan Antón Santamarina, Xurxo Souto, Xosé Manuel García Crego e o propio autor. Está organizado pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, dentro das actividades de celebración do 80 aniversario da proclamación da II República (pódense descargar aquí): Actos de lembranza do 80 aniversario do 14 de abril de 1931.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Biblioteca da Sagrada Familia: contacontos no “Club dos sete medos”

luns, 28 marzo 2011, 8:09 | Category : bibliotecas
Tags : ,

Martes 29
Biblioteca Municipal da Sagrada Familia (Rúa Antonio Pereira, 1-3)
19:30
Entrada con convite a recoller na propia Biblioteca ou chamando ao 981-184392.

"Creo... ou non", contacontos do "Club dos sete medos": sesións quincenais de contos de misterio para mozos e mozas a partir de 11 anos que poderán gozar de historias universais de misterio recollidas por grandes escritores e de lendas locais coñecidas en Galicia.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía: concerto de Daniil Tsvetkov, gañador do “Concurso de piano Ciudad de Ferrol 2010″

Martes Daniil Tsvetkov29
Teatro Rosalía de Castro
20:00
Entradas: 10 euros (menores de 25 anos, 3 euros).

Concerto de Daniil Tsvetkov, gañador do "Concurso de piano Ciudad de Ferrol 2010", autor que, lonxe buscar un éxito fácil con obras efectistas que deslumbren á audiencia, elexiu acadar a mesma meta pola vía estritamente musical, o que non impide que algunha das obras a ofrecer teña unha grande dificultade técnica, como son as "Variacións e fuga sobre un tema de Händel" de Johannes Brahms e as "Reminiscencias de Don Juan", de Franz Liszt. Organizado pola Sociedad Filarmónica.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Escola de Náutica: “Alterando a política”, dentro das Xornadas “Alterando o normal”

Martes 29
Escola de Náutica (Campus de Riazor)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro das Xornadas "Alterando o normal", organizadas por CUAC FM, en colaboración coa Concellaría de Cultura e coa Vicerreitoría de Cultura e comunicación da Universidade da Coruña, "Alterando a política": presentación do Proxecto Equo, a cargo de Juantxo López Uralde (director da Fundación Equo e ex-presidente de Greenpeace España).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O Facho: conferencia de Celso Álvarez Cáccamo: “A hegemonia social do galego”

luns, 28 marzo 2011, 8:06 | Category : conferencias, lingua
Tags : , ,

Martes 29
Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

O profesor e Doutor da Universidade da Coruña Celso Álvarez Cáccamo falará, dentro do ciclo "Lingua, Literatura e Nación" da A. C. O Facho, sobre "A hegemonia social do galego: Uma necessidade histórica".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

CGAI: “Le cercle rouge (O círculo vermello)”, de Jean-Pierre Malville

luns, 28 marzo 2011, 8:05 | Category : cinema
Tags : , ,

Martes 29
18:00 e 20:45
CGAI (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
Entrada: 1,20 euros (carné xove: 0,60 euros).

No ciclo "Policial francés", proxección de "Le cercle rouge (O círculo vermello)" (Francia-Italia, 1970, 140 minutos, V. O. S. en castelán). Dirección e guión: Jean-Pierre Malville. Memorable película de atracos que foi o maior éxito comercial da carreira do seu director. Corey sae de prisión despois de cinco anos e decide preparar un atraco importante. Un asasino, un comisario, unha secuencia memorable (o roubo) de trinta minutos, o reflexo do cotián e a depuración de elementos, un elenco espléndido (atención a Bourvil nun cometido dramático), amosan que falar deste filme, que sobrepasa os referentes de Huston, Dassin ou Wise, é comezar e non parar. Imprescindible.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Portas Ártabras: “Un lugar no sol”, de George Stevens

luns, 28 marzo 2011, 8:05 | Category : cinema
Tags : , ,

Martes 29
Portas Ártabras (Rúa Sinagoga 22, baixo)
19:45
Entrada libre até completar capacidade.

Proxección, no ciclo "Cine dos anos 50", de "Un lugar no sol", de George Stevens, interpretada, entre outros, por Elizabeth Taylor, filme galardoado no seu día con 6 Óscars.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

MACUF: encontro con Rosa Regàs

luns, 28 marzo 2011, 8:04 | Category : mesas redondas
Tags : ,

Martes mesas_redondas_201129
MACUF (Avda. de Arteixo, 171)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro do Ciclo de Mesas Redondas, Encontro con Rosa Regàs.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Domus: conferencia de José Manuel García Buitrón: “A tecnoloxía do transplante renal en imaxes”

Luns 28
Domus (Rúa Santa Teresa, 1)
20:00

Os Museos Científicos Coruñeses proseguen hoxe coa terceira edición do ciclo "Os luns con ciencia", co título "A saúde é o primeiro". Neste terceiro ciclo o tema central é a saúde, tratando específicamente os trasplantes, os hábitos cardiosaudables e a obesidade. Por iso, ademáis da colaboración da Universidade da Coruña (Unidade de Divulgación Científica), contaráse coa do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC). José Manuel García Buitrón é coordinador da oficina de Coordinación de Transplantes e responsable do Programa de Transplante Renal de Doador Vivo no CHUAC. Foi Coordinador de Transplantes da Comunidade Autónoma de Galicia de 1987 a 1991, e membro da Comisión Nacional da especialidade de uroloxía. De 2007 a 2009 foi Director Xerente do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. O III ciclo "Luns con Ciencia" ten como obxectivo incorporar a ciencia á axenda cultural dos cidadáns.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google