Merendas con contos nas Bibliotecas Municipais

"Merendas con contos" é unha actividade destinada a nenos e nenas de 3 a 7 anos acompañados dos seus pais ou coidadores. Recolle o convite dende o sábado anterior á realización da actividade. Os contos sobre os que xira a actividade desta semana ("O esquío Ñoto, un amigo especial") son: "Non é fácil, pequeno esquío", de Elisa Ramón, "Ladrón de gallinas", de Béatrice Rodríguez, e "La pequeña oruga glotona", de Eric Carle, e serán interpretados pola Compañía do Trinke Trinke.

As datas das sesións e para retirar os convites son:

Sábado 2 ás 18:30 h. Biblioteca Infantil e Xuvenil (rúa Durán Loriga, 10). Convites desde o sábado 26 de marzo.
Martes 5 ás 17:30 e 19:00 h. Biblioteca Municipal da Sagrada Familia (Antonio Pereira, 1). Convites desde o sábado 2.
Mércores 6 ás 18:30 h. Biblioteca Municipal de Monte Alto (Praza dos Avós, s/n, 3º). Convites desde o sábado 2.
Xoves 7 ás 18:30 h. Biblioteca Municipal do Castrillón (Praza de Pablo Iglesias, s/n). Convites desde o sábado 2.
Venres 8 ás 18:30 h. Biblioteca Municipal dos Rosales (Praza Elíptica, 1). Convites desde o sábado 2.
Sábado 9 ás 18:30 h. Biblioteca Municipal do Fórum Metropolitano (Río Monelos, 1). Convites desde o sábado 2.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path