Galería Sargadelos: conferencia de Miguel Prado, “Silencio en branco. Experimentación, ruído e coleccionismo”

Venres miguel prado 18
Galería Sargadelos (Rúa Real, 56)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Continúa o "Ciclo Escrita(s) 2011", que, baixo o título de "Circunvolucións", consistirá nunha serie de charlas na que se abordará a experiencia que coa(s) escrita(s) manteñen diversos autores, tratando de atravesar a partir das diferentes liñas de universo dos/das conferenciantes/conferenciantas a proliferación das inscricións que fan con nós comunidade. As charlas desenvolveranse todos os venres ás 20:00 h, entre o 1 de abril e o 10 de xuño, salvo o mércores 27 de abril. (Aquí deixamos o programa completo: Ciclo Escritas 2011 Sargadelos). Nesta segunda charla, Miguel Prado falará sobre "Silencio en branco. Experimentación, ruído e coleccionismo": "(...) O silencio non ten nada que ver coa calma ou coa tranquilidade. Non se encontra na natureza, simplemente ocorre como un suceso, como unha ruptura na situación na que un se atopa. Non é necesariamente bonito ou agradábel, senón que mesmo pode ser horríbel. En calquera caso, evoca unha forte conciencia do que está ocorrendo en absoluto, un encontro directo (non simbólico ou imaxinativo) coa realidade, o que significa continxencia, a singularidade, o baleiro (...).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path