“O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca”, de Álvaro Cunqueiro, por Sarabela Teatro, no ciclo Principal
Venres
8 e sábado 9
Teatro Rosalía de Castro
20:30
Entradas: 6, 7, 9 e 13 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados: desconto dun 20%).
Dentro do Ciclo Principal, e como parte dos "Cinco días con Cunqueiro", organizado pola Concellaría de Cultura en homenaxe ao autor mindoniense, do que este ano se cumpre o centenario do seu nacemento, representación de "O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca" por Sarabela Teatro, que nos achega a esta obra única de Álvaro Cunqueiro, texto lírico, intertextual e complexo que leva implícito ritmo, musicalidade, escrita de realismo soñado, con grandes acertos técnicos, forza dramática e orixinalidade. Unha montaxe cunha teatralidade nova do mal, combinada co uso da ironía e procedementos lúdicos; na que se equilibran as forzas: amor/morte. "O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca", establece pontes entre tradicións culturais, seguindo a tendencia europea do teatro de mitos, adaptándose á sociedade actual. Con Josito Porto, Sabela Gago, Fernando Dacosta, Nate Borrajo, Tito Asorey, Elena Seijo e Fina Calleja, baixo a dirección de Ánxeles Cuña Bóveda.














