Coliseum: “Gormiti – O espectáculo”
Sábado
9
Coliseum
16:00
Entradas: 22, 27, 33 e 38 euros.
O show representa a xénese e as orixes dos Gormiti, habitantes dunha illa fantástica, na que as forzas do Ben e do Mal se identifican cos elementos da natureza: Aire, Auga, Terra e Bosque. O Ben en contraposición do Mal, representado polo Lume lanzado polo Volcán. Todos estes elementos están personificados por heroes coas mesmas características do seu propio signo, que loitan incansablemente polo dominio da illa. Representa a eterna e épica loita entre bos e malos que se enfrontan na illa de Gorm.














