Domus: conferencia de Alfonso Castro Beiras: “Unha viaxe ao redor do corazón: mitos e realidades”

Luns 11
Domus (Rúa Santa Teresa, 1)
20:00

Os Museos Científicos Coruñeses proseguen coa terceira edición do ciclo "Os luns con ciencia", co título "A saúde é o primeiro", coa intervención, que inicia a segunda fase deste ciclo, dedicada aos hábitos cardiosaudables, do Dr. Alfonso Castro Beiras, que falará sobre "Unha viaxe ao redor do corazón: mitos e realidades. A Coruña: Corazón do Corazón". O Dr. Castro Beiras é a figura máis relevante da cardioloxía galega actual, Xefe de Servizo de Cardioloxía do CHUAC. Dirixe ademáis o Instituto de Ciencias da Saúde da Universidad da Coruña, e a Estratexia para a Cardiopatía Isquémica do Ministerio de Sanidade e Consumo e Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde. Tamén é vocal do Consello Asesor de Sanidade do Ministerio de Sanidade e Consumo, e Presidente do Consello Asesor da Consellería de Sanidade, entre outras ocupacións. Nesta terceira edición de "Os luns con ciencia" o tema central é a saúde, tratando específicamente os trasplantes, os hábitos cardiosaudables e a obesidade. Por iso, ademáis da colaboración da Universidade da Coruña (Unidade de Divulgación Científica), se conta coa do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC). O ciclo Luns con Ciencia ten como obxectivo incorporar a ciencia á axenda cultural dos cidadáns.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path