Normal: exposición “Action Reaction: O universo creativo de David Lynch”
Do
luns 11 de abril ao martes 31 de maio
Normal (Paseo de Ronda 47 – Antiga Escola de Maxisterio)
De luns a venres: de 11:00 a 22:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.
"Action Reaction" é un percorrido polo universo creativo interdisciplinar de David Lynch, que se compón ademais do seu cinema, dunha pequena mostra da súa produción plástica, televisiva e musical. A estrutura da mostra pretende ofrecer unha lectura conxunta de todas as facetas creativas de Lynch, co fin de destacar as sólidas relacións que manteñen os seus discursos nos diferentes formatos, a importancia da súa obra audiovisual e o diálogo permanente que mantén coa vangarda surrealista en xeral e cos seus referentes artísticos, como poden ser Francis Bacon, Edward Hopper, Max Ernst ou Salvador Dalí. Comisariado por Arte contemporánea GACMA. Ás 20:00 h. do luns 11 de abril terá lugar unha conferencia e visita guiada sobre a exposición, a cargo de Antonella Montinaro, comisaria da exposición e licenciada en Comunicación pola Università degli Studi di Roma Tre.














