Galería Sargadelos: conferencia de Fran Cortegoso: “O lugar do corvo”

xoves, 14 abril 2011, 10:56 | Category : conferencias
Tags : , , ,

Venres Escrita(s)15
Galería Sargadelos (Rúa Real, 56)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Continúa o "Ciclo Escrita(s) 2011", que, baixo o título de "Circunvolucións", consiste nunha serie de charlas na que se abordará a experiencia que coa(s) escrita(s) manteñen diversos autores, tratando de atravesar a partir das diferentes liñas de universo dos/das conferenciantes/conferenciantas a proliferación das inscricións que fan con nós comunidade. As charlas desenvolveranse todos os venres ás 20:00 h, entre o 1 de abril e o 10 de xuño, salvo o mércores 27 de abril. (Aquí deixamos o programa completo: Ciclo Escritas 2011 Sargadelos). Nesta terceira charla, Fran Cortegoso falará sobre "O lugar do corvo": "O corvo como símbolo da morte é aparición última da vida. Só lucubramos a morte a través da alteridade. É inexistencia do ser, e inexistencia mesma é. Así é o corvo síntese de vida, de proceso concluso, e por tanto de recordación, de percurso vital como histórico e relato. O corvo como símbolo dun proceso estético e ético."

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path